bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Concurso de Poesía

Para conmemorar o Día da Poesía, que se celebra o 21 de marzo, convocamos un concurso para que poñades ao voso talento poético a traballar.

BASES DO CONCURSO DE POESÍA

Club de lectura O Faladoiro

Este curso comezamos a acompañar as reunións do club de lectura de merendas larpeiras, e cada vez somo máis quen nos reunimos ao redor dun libro para comentar a nosa opinión e, entre todas e todos, afondar un pouco na súa lectura.

Tamén aproveitamos para compartir suxestións de lectura e propoñer novas obras para ler.

Na primeira avaliación lemos Amanda Black, de Juan Gómez Jurado e de Bárbara Montes

e A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.

Chamounos a atención que as protagonistas dos dous libros tiñan moito en común, xa que nos dous casos existía un misterio sobre o paradoiro dos pais e ambas tiñan que enfrontarse a perigos e aventuras nas que a intriga e a fantasía estaban moi presente.

O terceiro libro, proposto por un alumno integrante do club, foi Memorias de Idhún, de Laura Gallego.

Esta obra acompañounos nas vacacións de Nadal e comentámola ao regreso. Curiosamente, as orixes das personaxes tamén estaban rodeadas de misterio e os protagonistas atopábanse en situación de orfandade, ao igual que nos dous libros lidos con anterioridade.

Para compensar o tamaño de Memorias de Idhún, lemos 22 segundos, de Eva Mejuto, unha novela breve, mais importante pola temática que trata, a transexualidade, contada desde a mirada do protagonista. É unha obra que nos encantou a todos os membros do club e que deu lugar a un faladoiro moi interesante.

A vindeira semana comentaremos dous libros, xa que non nos demos posto de acordo na escolla. Hai quen lerá Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite,

e outro grupo lerá Dragal, de Elena Gallego Abad.

E algunhas persoas leremos as dúas! Logo compartiremos as nosas lecturas! A ver cal está mellor!

Paula Carballeira no instituto

Esta semana visitaranos Paula Carballeira, quen nos contará unhas arrepiantes historias de medo para irnos preparando para o Samaín.
O alumnado de 1º ESO pasará pola estarrecedora experiencia dun obradoiro no que esta nosa gran contadora lles aprenderá a contar historias de medo.

Buscando o noso logo para o EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega anda na procura dun logo e dun lema. Bota a túa imaxinación a voar e sorpréndenos co teu enxeño!

O prazo de entrega remata o 28 de outubro.

BASES DO CONCURSO

Quen ten cu, ten medo

Aquí chega o noso arrepiante concurso de contos de medo. Anímate a participar!

Un novo curso

Xa está aquí un novo curso e a nosa Biblioteca anda que ferve de actividade.

Xa botou a andar o Club Manga, que se reúne todos os xoves no 1º recreo. Tamén contamos xa cun abondoso número de axudantes de biblioteca, que nos farán máis levadeira a migración no sistema de catalogación (estamos a migrar de Meiga a Koha). Esta semana convocaremos a primeira reunión do Club de Lectura (anímate a participar).

E temos xa o cartel e as bases do arrepiante concurso de contos de medo: “Quen ten cu, ten medo”.

Ademais, este luns comezamos a Hora de Ler, non esquezas a túa lectura!

Mergúllate na lectura e nas actividades da Biblioteca! Participa!

VII Concurso Literario IES Monte Carrasco

Xa está aberto o prazo para participar neste certame que todos anos convoca o noso centro co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

Aquí tendes as bases deste ano. Animádevos a participar!

Próximo encontro do Club de lectura O Faladoiro

No noso vindeiro encontro, o 24 de marzo, poremos en común a seguinte proposta de lectura, O neno do pixama a raias, de John Boyne, xa todo un clásico nos clubs de lectura.

Club de lectura O Faladoiro

Este curso iniciamos con moita ilusión o club de lectura O Faladoiro.

Cunha periodicidade practicamente mensual, encontrámonos un grupiño de 8 alumnas e alumnos de 1º e 4º da ESO e a coordinadora da biblioteca para elixir e comentar as nosas lecturas.

Así, xuntámonos para compartir a nosa paixón polos libros e a lectura.

Comezamos lendo As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí. A continuación, lemos O Principiño, de Antoine Saint-Exupéry. O último libro que comentamos, a proposta dun alumno de 1º ESO, foi La transformación de Carag, 1ª entrega da saga Woodwalkers, de Katya Brandis, no que nos introducimos no universo dos seres metamórficos, que habitan ao mesmo tempo o mundo humano e animal.

I Concurso de Música en Galego

Ao longo de 3 meses, no IES Monte Carrasco fomos escoitando e votando os grupos de música en galego que máis nos gustan. Música moi diversa, pero cun denominador común: o uso sen complexos da nosa lingua. Nesta ligazón á nosa canle de IVOOX, desvelamos o nome de catro finalistas e do grupo gañador do I Concurso de Música en Galego “Radio Labirinto”.

Navegación de artigos