bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo para a etiqueta “O Faladoiro”

Próximo encontro do Club de lectura O Faladoiro

No noso vindeiro encontro, o 24 de marzo, poremos en común a seguinte proposta de lectura, O neno do pixama a raias, de John Boyne, xa todo un clásico nos clubs de lectura.

Club de lectura O Faladoiro

Este curso iniciamos con moita ilusión o club de lectura O Faladoiro.

Cunha periodicidade practicamente mensual, encontrámonos un grupiño de 8 alumnas e alumnos de 1º e 4º da ESO e a coordinadora da biblioteca para elixir e comentar as nosas lecturas.

Así, xuntámonos para compartir a nosa paixón polos libros e a lectura.

Comezamos lendo As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí. A continuación, lemos O Principiño, de Antoine Saint-Exupéry. O último libro que comentamos, a proposta dun alumno de 1º ESO, foi La transformación de Carag, 1ª entrega da saga Woodwalkers, de Katya Brandis, no que nos introducimos no universo dos seres metamórficos, que habitan ao mesmo tempo o mundo humano e animal.

Pálida como la luna e outras novidades do club de lectura

O pasado xoves tivemos xuntanza no recreo para comentar o libro do 2º Trimestre, Pálida como la luna, de Mary Higgins Clark. Houbo opinións para todos os gustos, dende rapaces ós que lle enganchou a trama de intriga sobrenatural e leron a novela sen respirar até os que non acabaron o libro porque non lles resultou atractivo. Queda pendente ler algún relato de medo de Edgar Allan Poe e, xa de cara ao terceiro trimestre, o equipo de Biblioteca lanza a idea de ler algún clásico de Michael Ende, como Momo ou A Historia Interminable, cuxa adaptación ao cine marcou á miña xeración.

Navegación de artigos