bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Febreiro, 2022”

I Concurso de Música en Galego

Ao longo de 3 meses, no IES Monte Carrasco fomos escoitando e votando os grupos de música en galego que máis nos gustan. Música moi diversa, pero cun denominador común: o uso sen complexos da nosa lingua. Nesta ligazón á nosa canle de IVOOX, desvelamos o nome de catro finalistas e do grupo gañador do I Concurso de Música en Galego “Radio Labirinto”.

Voluntarias na biblio

Este ano entramos de maneira oficial no programa de voluntariado na biblioteca e ete é o noso marabilloso equipazo de voluntarias. Participan en labores de préstamo e de devolución de libros, axudan a colocar os materiais nos seus respectivos andeis, colaboran coa nosa Radio Labirinto, escriben artigos para a nosa revista, A Gaivota, aprenden a rexistrar e catalogar os materiais e mil cousas máis.

Moitas grazas pola vosa presenza e axuda!

A nosa biblioteca está en Instagram

Adaptámonos aos novos tempos e este curso decidimos abrir a xanela da nosa biblioteca a Instagram.

Alí poderedes seguir toda a nosa actividade.

@bibliocarrasco

Seguimos lendo no Faladoiro Maior…

Despois da última reunión para comentar o libro “Hamnet”, do que fomos quen de extraer múltiples lecturas e puntos de vista, enriquecendo cada unha das experiencias persoais na vida de Stratford, xa estamos na seguinte aventura…

Non deixamos as Illas Británicas, e agora, nos “Bicos feridos“,navegamos nun Londres moderno da man dunha galega entusiasta que elixe este cachiño do mundo para buscar o futuro, fuxindo dun pasado e presente non moi prometedor da nosa terra. A autora, Anna R. Figueiredo, que ademais é compañeira de fatigas no Carrasco, ensinando números e vida, agasállanos cunha historia cautivadora e intensa que non nos vai deixar indiferentes en ningún aspecto dos que colorea cunha linguaxe fresca, determinada e loitadora, coma ela mesma. Contamos, ademais (e isto é segredo, non llo digades a ninguén) co seu compromiso de acompañarnos na vindeira quedada das participantes do Faladoiro a finais do mes de marzo, así que… que mellor motivo para continuar procurando mundos insólitos nas letras? Agardámosvos!!

Navegación de artigos