bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Decembro, 2020”

GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL

Chega o tempo de lecer, do descanso e da lectura... Tamén dos agasallos e dos premios, así que dende a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua da nosa comarca facilítannos estas interesantes guías para facérmonos idea do que se coce no mundo editorial, e do que pode resultar de interese para todos e todas os da casa. Botádelle un ollo...

As falas do Morrazo

Velaí a orixinal recreación de distintos exemplos da singular fala da nosa contorna.

Unha realidade que loita por seguir sendo viva, a pesares das crecentes dificultades que atopa para sobrevivir. Paremos a súa extinción. Fagamos algo por traela cada día á nosa boca.

https://www.youtube.com/watch?v=sWQzcIut-Ak

https://www.youtube.com/watch?v=szimn66qU7w

https://www.youtube.com/watch?v=EyCUximPV4k

O Faladoiro Maior, tamén en marcha.

Finalmente decidimos retomar as aventuras lectoras no Faladoiro dos grandes. Na primeira reunión decantámonos por unha premiada escritora para comezar a camiñar polo medievo. Ana Gª Sáenz de Urturi, e a súa obra “Aquitania” teñen como misión devolvernos ao mundo das lecturas compartidas, das reflexións serenas e ao recuncho lector do outono-inverno, en tanto fóra a natureza xoga coas luces e sombras da realidade na que vivimos. Boa singradura nos mares do Morrazo!

Bota a andar o CLUB DE LECTURA O FALADOIRO

A nosa primeira lectura deste curso 2020-2021

Hoxe comezamos nova andadura do noso veterán club de lectura. Un grupazo humano de lectoras e lectores de primeiro xuntámonos no lecer na biblioteca para comezar singladura. Inaugurámolo coa lectura da obra “La lección de August” da autora colombiana RJ Palacio. Faremos reunións cada dúas semanas nos recreos longos dos martes, e xa fomos debullando propostas de novas lecturas para o futuro… Van saíndo títulos e autores que son do agrado deste grupo de lectores e lectoras, que, cheos de entusiasmo, queren descubrir mundos novos nunca explorados nos que recalar. Atendendo ao lema deste curso “Xeografías lectoras“, botámonos ao camiño! Acompañádesnos?

Navegación de artigos