bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Decembro, 2013”

Os autores máis lidos nos clubs de lectura de secundaria

O blog de encontro dos 222 clubs de lectura de ensino secundario de Galicia, Ler en mancomún, acaba de publicar as estatísticas dos libros e autores máis lidos. No eido dos autores, gaña bastante destacado Agustín Fernández Paz, con 66 títulos lidos entre tódolos clubs e moitas obras como Cartas de Inverno entre o top ten. Na lista de libros temos vellos coñecidos do club de lectura de adultos coma Engurras, de Paco Roca, no 2º posto, ou Persépolis, de Marjane Satrapi, no 5º.

Cómpre salientar tamén que o idioma máis empregado nas lecturas é o galego, con 1113, seguido polo castelán con 700 lecturas.

http://lerenmancomun.blogspot.com.es/2013/12/50-titulos-mais-lidos-nos-clubs-de.html

Advertisements

O club da Calceta, próxima reunión do Faladoiro Maior

Este mércores 4 teremos a reunión do Faladoiro Maior para comentar o libro deste trimestre, O club da Calceta, de María Reimóndez. Será as 17.00 na Biblioteca do noso instituto.

Coma moitos dos libros que lemos no club de lectura, esta obra ten unha adaptación ao cine. Trátase dunha película para televisión rodada en Ferrol por Antón Dobao en 2008 e protagonizada por Mela Casal, Sonia Castelo e Susana Dans.

Velaí o trailer.

 

Navegación de artigos