bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Marzo, 2012”

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Proposto no ano 2001 pola UNESCO,  celébrase cada 21 de marzo (equinocio de primavera) co propósito de consagrar a palabra esencial  á reflexión sobre o noso tempo. Este evento que fortalece a cultura no noso planeta  realízase nas importantes capitais do mundo como París, Ámsterdam, Berlín e Bogotá. En Europa  é chamado Primavera dos Poetas, e en Colombia  a “Común Presencia de los Poetas”, por ser instituído pola Fundación que leva o mesmo nome, a cal traballa desde fai dúas décadas na promoción do universo poético en Hispanoamérica.

Con numerosos eventos e lecturas múltiples  realízanse actos nas diversas latitudes do planeta para celebrar tan importante evento por este xénero da literatura, por esa extrema forma de percepción da vida. A UNESCO lanzou ao mundo o siguiente comunicado para avalar a conmemoración do día mundial da poesía ao instituir ese legado para o mundo:

«Es evidente que una acción mundial a favor de la poesía daría un reconocimiento y un impulso nuevo a los movimientos poéticos nacionales, regionales, e internacionales. Esta acción debería tener como objetivo principal sostener la diversidad de los idiomas a través de la expresión poética y dar a los que están amenazados la posibilidad de expresarse en sus comunidades respectivas.»

Traballo feito por Bruno Costas, 2º A

Advertisements

2 ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.

cartel dia

HABIA UNHA VEZ UN CONTO QUE CONTABA O MUNDO ENTEIRO

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.

Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.

E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.

Francisco Hinojosa

Tradución de:
Eva Lozano Carpente

http://www.oepli.org

Os fillos do mar

A novela negra galega vive tempos felices. Tralo éxito de Domingo Villar, pedro Feijoó está arrasando nas listas de vendas coa súa novela Os fillos do mar, tamén ambientada no Vigo actual. Finalista do premio Xerais 2011, a trama toca temas históricos coma os Galeóns de Rande, a Guerra Civil española ou o nazismo.

A NOITE DE MAX ESTRELLA

A NOITE DE MAX ESTRELLA

Publicado o Marzo 2, 2012

O texto que a continuación reproducimos tomouse da wikipedia, e non vos inspira para facer algunha actividade semellante en Cangas, por exemplo “O serán dos poetas de Cangas”. A ver que opinades?

La noche de Max Estrella

LA NOCHE DE MAX ESTRELLA
Casa Ciriaco-2009.jpg
El lugar de la convocatoria de la «comitiva de bohemios» es Casa Ciriaco.
NOMBRE OFICIAL La noche de Max Estrella
DÍA DE CELEBRACIÓN 23 de abril (1998-2006)1
26 de marzo (2007- )
CELEBRADO DESDE 1998
LUGAR DE CELEBRACIÓN Madrid

La noche de Max Estrella es una manifestación cívico-cultural, de talante lúdico, a imagen del dublinense «Bloomsday». Creada por iniciativa del autor teatral Ignacio Amestoy Eguiguren, bajo el patrocinio del Círculo de Bellas Artes de Madrid2 y convocada por la Irreal Academia del Esperpento.3 Se desarrolla a lo largo de un itinerario vespertino y nocturno por algunas de las calles, plazas, plazuelas y callejones del centro Madrid, rindiendo homenaje literario a don Ramón del Valle-Inclán, a los personajes de su obraLuces de Bohemia. Esperpento y a otros escritores.

El recorrido rescata lugares, ambientes y escenas que de una u otra manera aparecen en la obra valleinclaniana Luces de Bohemia. Esperpento, junto con otros que frecuentaba su autor. Cada una de las estaciones sirve como lugar de encuentro en el que, entre los diferentes actos performativos, se declaman versos y dramatizan pasajes literarios, se realizan bululús, se dan lecturas a manifiestos así como a otros textos y parlamentos, y en algunas de las paradas se sirven aperitivos, refrigerios, tentempiés y viáticos.

Nace un novo xornal dixital en galego

É unha boa noticia que, despois do peche das últimas cabeceiras informativas escritas, apareza un novo medio, aínda que sexa dixital, en galego. Damos a benvida a Dioivo, un novo medio de comunicación que promete xornalismo para o país da chuva, para contar e contrariar. Dende o primeiro número amosan moito sentido do humor, anunciando á terceira páxina o peche da súa edición escrita, Agardamos que as súas pingas mollen de retranca o noso país, que ben o necesita.

http://www.youtube.com/watch?v=HD0FXjg3YMo

Navegación de artigos