bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Febreiro, 2014”

Librería Abrente 2.0

A Librería Abrente de Bueu (Avd. Montero Ríos, 167) está tamén presente en internet, cunha tenda online onde se pode accder a un amplo catálogo de libros en galego, algúns deles difíciles de atopar. Trátase dunha libería especializada en temas da Cultura Mariñeira e que leva funcionando dende 1979. Está moi presente tamén nas redes sociais, en Facebook e Twitter. É unha boa iniciativa para difundir as nosas letras e a nosa cultura na Rede.

Image

http://libreriaabrente.es/es/

https://www.facebook.com/LIBRERIAABRENTE

https://twitter.com/LibreriaAbrente

Advertisements

Feliz Día de Rosalía

Tal día coma hoxe, fai 177 anos, nacía Rosalía de Castro, por iso hoxe celebramos o Día de Rosalía. No noso centro, o EDLG está a repartir imperdibles de rosas de papel, feitos coa técnica do origami, e un poema de Rosalía.

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virme a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás…
Ferbe o pote… mais, meu caldo,
soíña te hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas
sinto negras soidás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai…
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar,
anduriña, voa, voa,
ven e dime en onde está.

Imagen

 

Booktrailer de Dragal

Seguro que todas e todos sabedes o que é un trailer, non sí? O que de seguro non sabiades é que tamén hai trailers de libros, é dicir, videos que informan sobre un libro e animan á súa lectura.

Aquí vos deixo o book trailer de Dragal I, A herdanza do Dragón, primeiro título da triloxía Dragal. Fai 3 anos , no club de lectura, limos este libro, e mesmo tivemos a sorte de contar coa súa autora, Elena Gallego Abad, que visitou a nosa biblioteca para comentar connosco o libro e falarnos do seu proceso de elaboración. O book trailer foi realizado por Miguel Abad.

Adiós ríos, adiós fontes

No St. Mary Primary School, en Irlanda do Norte, unha estudante de Comenius, Xela Cuñarro, preparou co alumnado esta interpretación dun dos máis coñecidos poemas de Rosalía de Castro. A que é emocionante?

NOVAS DE POESÍA. 17 POETAS

 

Imagen

 A Fundación Uxío Novoneyra acaba de editar unha antoloxía da poesía galega máis recente, preparad pola poeta Ana Gorría. Entre as dezasete voces que nos amosa están as de Lucía Novas, Baldo Ramos, Xiana Arias, Branca Novoneyra, Dores Tembrás ou Xavier Lamas, representadas por cinco poemas dos que se nos ofrece tamén a versión en castelán.

Con esta obra tan prometedora vai continuar a súa andaina o Faladoiro Maior, que se reunirá para comentala o día 12 de marzo. 

Quedades invitadas/os a participar.

AMAR E OUTROS VERBOS

                                             “O amor florece desde dentro,

Imagen

 en primeira persoa,

     e medra coma un irmanciño novo, 

que gabea polos rostros

e polas mans da xente”

Así comeza o primeiro poema de Amar e outros verbos, da escritora Ana María Fernández, que temos previsto ler neste segundo trimestre. 

É a primeira vez que neste club de lectura nos mergullamos na poesía e ten ademais o aliciente de que iremos compartir a experiencia co club de lectura do IES de Rodeira a finais deste mes. Se alguén máis quere unirse, aínda está a tempo. 

Xa vos contaremos como vai indo a experiencia.

Imagen

Os membros do club, aproveitando as vacacións de Nadal, lemos a primeira das Crónicas de Landereina, Bágoa deLúa, de Sabela González, á que algúns tiveron ocasión de coñecer no Culturgal.

Aínda que as opinións sobre a obra foron bastante diversas, a conclusións xeral é que se trata dunha historia fantástica que responde ó esquema clásico, fácil e amena.

Está a piques de saír a segunda destas crónicas. Xa veremos que pasa con Berenguela, Güenaela, Cátaba, Bunm… Veremos tamén se o reino de Landereina caerá nas mans equivocadas

Invitámosvos a que nos deixedes as vosas opinións.

O Faladoiro Maior reúnese de novo

Este xoves tivemos a reunión do Faladoiro maior para comentar o libro de lectura que marcaramos para ler na última reunión que tivéramos antes do Nadal, O edificio Yacoubian, de Alaa Al Aswany. Traducido pola editorial canguesa Rinoceronte en 2013, sendo a primeira obra traducida do árabe á nosa lingua directamente.

Este libro ten película do mesmo nome, El edificio Yacoubian (2006), reflexando as vidas dos habitantes desta emblemática arquitectura de O Cairo.

Navegación de artigos