PROGRAMA DE RADIO SOBRE LOIS PEREIRO ELABORADO NO IES LAMAS DE CASTELO, DE CARNOTA
GRACIÑAS POLO SEU TRABALLO
SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
DARLLES AS GRAZAS ÁS BIBLIOTECAS ESCOLARES do IES LUIS SEOANE DE PONTEVEDRA e da ESCOLA UNITARIA DE VIDE, bibliotecas que coordinaron dito traballo. Se queredes ver máis, podedes visitar o blog http://mesturas.blogspot.com/2011/05/letras-galegas-2011-salvando-libros.html