bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Xaneiro, 2014”

Premios Fervenzas Literarias

Imaxe

A paxina sobre literatura galega Fervenzas Literarias ven de anunciar os premios aos mellores libros en galego de 2013. Os premios son os resultados da votación das lectoras e lectores que mediante 439 expresaron os seus gustos e preferencias. Cómpre salientar, en literatura xuvenil o premio para Nubes de Evolución de Andrea Maceiras.

Nesta ligazón podedes ver o resto de premiados nas distintas categorías

http://fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/os-mellores-do-2013.html

Advertisements

O edificio Yacoubian

Para retomar a andaina lectora no novo ano, decidimos cambiar de aires e marchamos cara ó mundo islámico da man do escritor exipcio Alaa Al Aswany. A obra que eliximos, O edificio Yacoubian (Editorial Rinoceronte, 2013) é a primeira novela traducida do árabe ó galego.

Nela imos atopar unha ampla mostra da sociedade exipcia.

Reunirémonos para falar dela e de moito máis o día 29 de xaneiro, coma sempre, na biblioteca do centro.

Navegación de artigos