bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Maio, 2014”

Día das Letras Galegas

Como sabedes, mañá celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro. No noso centro, durante esta semana estanse a levar a cabo iniciativas para difundir a obra deste escritor. Temos, por exemplo, o seu poema máis coñecido, Penélope, pintado verso a verso en varios idiomas nos chanzos das escaleira. E hoxe repartíronse chapas de cerámica elaboradas por alumnas e alumnos de 1º e 2º con lemas alusivos á nosa lingua (O galego no corazón, móllate pola lingua, etc..)

Para conmemorar data tan sinalada, deixámosvos este fermoso video elaborado polo Obradoiro de Plástica do IES As Barxas de Moaña, que tan bo traballo está realizando tamén no campo audiovisual. Póñenlle imaxes ao poema Penélope, no que Galiza, coma a muller de Ulises, tece e destece a súa tea.

Navegación de artigos