bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Marzo, 2011”

TAMBIÉN LA LLUVIA no DÍA MUNDIAL DA AUGA 2011

A película También la lluvia conta, na Bolivia desgarrada por conflitos sobre a auga, a rodaxe dunha película de época sobre a historia de Cristóbal Colón, a súa sede de ouro e sobre todo a súa crueldade cara aos indíxenas rapidamente escravizados pola coroa española.




Esta película inspírase nos feitos reais de abril de 2000, en Cochabamba, a terceira cidade de Bolivia, onde unha multinacional obtén a privatización e o monopolio da auga.  A poboación local e mesmo os máis pobres ven entón como se impón unha tarifa que da auga que moitos non poden pagar. Cavar o seu pozo convértese nun delicto e varias alteracións efectúanse cando as autoridades comezan a pechar con candado os pozos. Rapidamente varias manifestacións organízanse na cidade. Colócanse barricadas para bloquear a cidade. Ao decretar o presidente boliviano o estado urxente, a policía intervirá violentamente, provocando numerosos feridos e unha persoa morta. Finalmente é a rúa a que gañará a causa.

TAMÉN PODEDES VER UNHA PEQUENA REPORTAXE EN “DÍAS DE CINE”

http://www.rtve.es/alacarta/videos/television/dias-cine-tambien-lluvia/977505/

E O SITIO DA PELÍCULA

http://tambienlalluvia2010.blogspot.com/p/la-guerra-del-agua.html

OUTROS VÍDEOS RELACIONADOS

http://embedr.com/swf/slider/tambin-la-lluvia-contextualizando-la-guerra-del-agua-en-bolivia/425/520/default/false/std</object>

Advertisements

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O ALUMNADO DE TEATRO REPRESENTOU A PEZA Ramón de Sergi Belbel, adaptada por Begoña Muñoz

 


DÍA MUNDIAL DA POESÍA E DÍA MUNDIAL DA AUGA, 21 E 22 MARZ0

POESÍA E AUGA

21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

22 MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA

LOIS: (Reflexivo e murmurandopara si) Así ten que ser a poesía,como un diamante que corte co seu fío diáfano a escura realidade.Un bisturí que esgace a carne. O verso fráxil contra a dura existencia. A palabra precisa fronte á paisaxe informe. Así, a poesía.

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso.Biografía e antoloxía.MARCOS CALVEIRO

Auga para as cidades:respondendo ao desafío urbano

28 de xullo de 2010 Asemblea Xeral das Nacións Unidas

“O dereito á auga potable eao saneamento, como un dereito humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os dereitos humanos”

HAIKÚS

A BIBLIOTECA DO IES DE POIO FIXO UN FERMOSO TRABALLO PARA CELEBRAR O 21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA. DEIXÁMOSVOS O ENLACE E ANIMÁMOSVOS A VELO, PORQUE PODEDES APRENDER MOITO SOBRE OS HAIKÚS E O XAPÓN.

22 MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA 2011

CARTA EUROPEA DA AUGA

EDITH SÖDERGRAN

La noche estrellada

Inútil dolor,
inútil espera,
el mundo está vacío como tu risa.
Caen las estrellas –
noche fría y espléndida.
El amor sonríe en el sueño,
el amor sueña la eternidad…
Inútil temor, inútil pena,
el amor es menos que la nada,
de la mano del amor al abismo se desliza
el anillo de la eternidad.

Versión de Renato Sandoval e Irma Sítanen

POETA FINESA NADA EN SAN PETESBURGO EN 1892.

PIONEIRA DA POESÍA EN SUECO EN FINLANDIA

OS SEUS PRIMEIROS POEMAS ESCRIBIUNOS EN ALEMÁN, MAIS LOGO CAMBIOU AO SUECO

NA PRIMEIRA DÉCADA DO SÉCULO XX NOS SEUS ESCRITOS CRITICOU, ENTRE OUTRAS COUSAS, O SISTEMA ZARISTA. DESPOIS COMEZARON A APARECER NA SÚA POESÍA OS TEMAS RELACIONADOS COA MORTE, MOI DO ESTILO DECADENTISTA.

A SÚA PRIMEIRA PUBLICACIÓN DE CERTO RENOME APARECEU EN 1918, SEPTEMBERLYRAN. LOGO SÉGUENLLE “O ALTAR DAS ROSAS” (1919) E “A SOMBRA DO FUTURO” (1920), OBRAS QUE MARCARON O INICIO DA POESÍA MODERNISTA FINESA.

Vierge moderne

No soy mujer. Soy un neutro.
Soy un niño, un paje y una osada decisión,
soy un rayo risueño de un sol escarlata…
Soy una red para todos los peces golosos,
soy un brindis en honor a todas las mujeres.
soy un paso hacia el azar y la ruina,
soy un salto en la libertad y en el yo…
Soy el murmullo de la sangre en el oído del hombre,
soy un escalofrío del alma, el ansia y la negación de la carne,
soy el anuncio de nuevos paraísos.
Soy una llama inquisitiva e intrépida,
soy agua, honda mas audaz hasta las rodillas,
soy fuego y agua sinceramente unidos por libre decisión.

Versión de Renato Sandoval e Irma Sítanen



POEMA PARA TODAS AS TRABALLADORAS MULLERES TRABALLADORAS

AS MARISCADORAS, 1969, Luis Seoane

 

“Belas irmás, subide

ás máis firmes rochas”

EDITH SÖDERGRAN

CAMIÑAN descalzas polas rochas,

pantasmas de sal habitan as sombras,

saben que as últimas mareas

esqueceron na praia os restos do naufraxio.

As mulleres recollen cada noite

os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,

rebélanse contra a Historia,

constrúen co mar as estatuas

que nunca permanezan.

As mulleres de sal, con argazos de sombras,

xorden das últimas mareas

e tecen tesouros de auga cada noite

contra a Historia.

Elas, que saben que o efémero permanece.

Arden, ANA ROMANÍ

LIPDUB DO IES FONTEM ALBEI DE A FONSAGRADA

 

http://www.youtube.com/watch?v=95faQ1eANwg

LITERATAS NOBELES

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA,

DESDE O IES SAN PAIO ENVÍANNOS ESTE ENLACE PARA SABER MÁIS SOBRE AS LITERATAS NOBELES. GRACIÑAS.

http://www.dipity.com/xmlores/Literatas-nobeles_1/#

OS PREMIOS NOBELES DE LITERATURA CONCEDIDOS ÁS MULLERES

HERTA MÜLLER (2009)

Herta Müller (2009). É unha escritora romanesa, nada en 1953, de nacionalidade alemá. Destaca polos seus relatos acerca das durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceauşescu. Foi galardoada co premio Nobel de Literatura en 2009 pola súa capacidade para describir “a paisaxe dos desposuídos”
http://www.abc.es/20100628/cultura-libros/herta-muller-201006281756.html

LALA, DE ESTEBAN CRESPO

<p><a href=”http://vimeo.com/7640155″>LALA_Subt. English</a> from <a href=”http://vimeo.com/user2599987″>quieneslala</a&gt; on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

Sinopse: Era unha vez un regreso, unha vila, un morto, unha familia e un conto.

Director: Esteban Crespo
País: España
Ano: 2009
Xénero: Comedia
Duración: 19:15 min.
Guión: Esteban Crespo, Gustavo Prieto
Director De Fotografía: Ángel Amorós
Xefa De Produción: Lola Alonso

http://solocortometrajes.blogspot.com/

Curta gañadora de numerosos premios e nominada aos Goya 2010.

Navegación de artigos