Estamos encantados de volver estar ó voso dispor no blog da Biblioteca do Monte Carrasco. Un sinfín de ideas andan a pulular polas nosas cabezas para darlle unha volta ó espazo e ós contidos deste recuncho, o virtual e o físico. Novo curso, nova realidade, novas ilusións, novas esperanzas de seguir contando con toda a comunidade educativa para manter viva, e moi viva, a nosa Biblioteca. Participade en todas as iniciativas, traede as vosas propostas, sentídevos membros desta nosa pequecha comunidade. Hai sitio para todos e todas! Achegádevos! Seredes sempre benvidos e benvidas!
O xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema «Palabras de auga», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Marcos Calveiro e corresponde ao título Palabras de auga.
Narra a aventura iniciática de Amadou, un rapaz suahili que pertence a un clan de nómades. A obra, sólida e perfectamente estruturada, está construída a través de continuos flashbacks que van artellando a historia.
Segundo os membros do xurado «os pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda responsabilidade da supervivencia».
«Cunha narración liviá entre a que se van entrelazando o galego e o suahili, o autor fai un impecable retrato do ser humano e do seu comportamento sometido a condicións extremas. O libro reborda lirismo e calidade literaria. É desas obras que emocionan, que conmoven, que cautivan».
Por último, os membros do xurado, sinalaron que «Palabras de Auga é unha viaxe cara o interior da África máis pura. Pero tamén cara o interior do propio eu, e esta é unha singradura sen posible retorno».
«Palabras de Auga é como outras miñas un diálogo intercultural, neste casa coa África Subsahariana. Con esa cultura da que só sabemos cando acontecen desgrazas ou polas mulleres e homes afoutos que xogan a vida embarcando nas “pateras” na procura dun futuro mellor para eles e para os seus fillos. O xerme da novela é unha nova nun xornal na que se falaba das chamadas “termitières”, mulleres que no Chad para alimentar aos seus fillos recollen o gran nos formigueiros. Esa imaxe, a dunha nai roubando o alimento ás formigas, impresionoume de tal xeito que me me empurrou a escribir esta novela. Unha homenaxe a esas mulleres africanas que malia a súa discriminación social son os verdadeiros alicerces das súas familias e tribos».
Fai hoxe 40 anos foi interpretada por primeira vez a canción de Jose “Zeca” Afonso, Grandola Vila Morena, o himno da Revolución dos Cravos no país veciño. O detalle que non sabía é que este tema foi interpretado por primeira vez na nosa terra, en Santiago de Compostela, o 10 de Maio de 1972. Estes acordes que ecoan verbas coma liberdade ou fraternidade e traen memorias de cravos en fusís resoan todavía frescos coma o primeiro día. O seu autor finou hai 25 anos, mais o seu legado está aínda vivo: O povo é quem máis ordena/terra da fraternidade.
Aló polo ano 1932, un sete de maio (tal día coma hoxe), hai oitenta anos, Federico García Lorca pronunciaba en Santiago, na actual sé do instituto Rosalía de Castro, unha conferencia, organizada polo Comité de Cooperación Intelectural de Santiago, e na que, como facía noutras visitas a distintas cidades de España, falaba da súa experiencia en Nova York, recitaba os versos que alí escribira e disertaba sobre o cante jondo. Entre algúns dos espectadores que alí se deron cita, estaban Ernesto Guerra da Cal, Carlos Maside, Carvalho Calero e García Sabell.
Lorca xa estivera anos atrás en Galicia, en concreto no ano 1916, e quedara fascinado pola verde paisaxe bretemosa, polas súas supersticións e pola súa música. (Segundo afirma Ian Gibson no libro Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca)
Meses despois da conferencia de Santiago en 1932, regresou á cidade e actuou na praza da Quintana co grupo teatral La Barraca.
ROMANCE DE LA LUNA, LUNA La luna vino a la fragua con su polisón de nardos. El niño la mira mira. El niño la está mirando. En el aire conmovido mueve la luna sus brazos y enseña, lúbrica y pura, sus senos de duro estaño. Huye luna, luna, luna. Si vinieran los gitanos, harían con tu corazón collares y anillos blancos. Niño, déjame que baile. Cuando vengan los gitanos, te encontrarán sobre el yunque con los ojillos cerrados. Huye luna, luna, luna, que ya siento sus caballos. Niño, déjame, no pises mi blancor almidonado. El jinete se acercaba tocando el tambor del llano. Dentro de la fragua el niño, tiene los ojos cerrados. Por el olivar venían, bronce y sueño, los gitanos. Las cabezas levantadas y los ojos entornados. Cómo canta la zumaya, ¡ay cómo canta en el árbol! Por el cielo va la luna con un niño de la mano. Dentro de la fragua lloran, dando gritos, los gitanos. El aire la vela vela. El aire la está velando.
Un vello conocido do Carrasco, Marcos Calveiro, vén de participar nunha mesa redonda sobre a Novela Histórica na Feira do Libro de Compostela. O autor, que estivo connosco fai dous anos falando do seu libro “Rinocerontes e Quimeras”(Ed. Tambre 2007), explicou que el partía sempre dunha idea, unha imaxe, antes de escribir… algo como un billete de 25 pesetas, un agasallo da súa avoa, no que alguén escribiu algo para outra persoa de aquí desde Alemaña. “Aquí hai unha novela”, dixo.
Cómic de apoio á Asociación Síndrome de Down de Granada
Este cómic constitúe o resultado dun proxecto que a Asociación Síndrome de Down de Granada desenvolveu co obxectivo de apoiar a súa causa e de obter financiación.
A Asociación loita pola integración social das persoas con Síndrome de Down en todos os ámbitos: educación, emprego, vida social…
Os cartos recaudados coa venda do cómic irán destinados a axudar á asociación.
A iniciativa foi idea de José Antonio Bautista (JAB), debuxante de cómic e pai de Hugo, un neno feliz e dormilón con Síndrome de Down.
Se queredes saber máis, podedes atopar información no sitio: http://comic21.org
É unha boa noticia que, despois do peche das últimas cabeceiras informativas escritas, apareza un novo medio, aínda que sexa dixital, en galego. Damos a benvida a Dioivo, un novo medio de comunicación que promete xornalismo para o país da chuva, para contar e contrariar. Dende o primeiro número amosan moito sentido do humor, anunciando á terceira páxina o peche da súa edición escrita, Agardamos que as súas pingas mollen de retranca o noso país, que ben o necesita.
Que ler é bo, sabémolo todos. Todos apostamos pola lectura, pero por se alguén aínda non ten claro o motivo polo cal a lectura beneficia seriamente a saúde, aí vos van uns cantos argumentos que poden axudarvos a defender dita tese. Navegando, no http://clublecturacoruna.wordpress.com, atopamos o seguinte:
100 beneficios da lectura (tirados dun documento de Carlos Alberto Sánchez Velasco):
A lectura mellora a visión das cousas e permite ver o que antes nunca se vira.
A lectura é dinamita pura para a imaxinación.
A lectura permítenos estar sempre acompañados, aínda que tamén respecta a nosa soidade.
A lectura dótanos das palabras para expresar os nosos sentimentos, emocións, crenzas.
A lectura é algo que podemos facer en todas partes.
Se queredes coñecer os 95 motivos máis que argumenta Carlos A. Sánchez, podedes consultar o documento no seguinte enlace:
Pasados 20 anos desde a publicación do seu primeiro libro de poemas (Cancionero sen nome, 1935), Nicanor Parra (Chile, 1914) pariu o libro que o consagrou: Poemas e Antipoemas. Nel, o poeta comeza a manexar o verso longo e libre propio do surrealismo e unha lírica de trasgresión que se entrecruza coa popular ata o punto de que non se pode definir que é poesía e que antipoesía. A linguaxe do antipoema é a do mercado, a da rúa. Non faltan as burradas nin os extranxeirismos nin as siglas. Con todo, Parra tampouco pode deixar de lado a súa cultura, a súa cátedra universitaria, o seu saber literario. É así como se crea, do afán dunha poesía non-tradicional e o afán crítico-literario, unha obra sinxela e expresiva á que non lle falta a ironía e a crítica. Dous poemas da selección da poesía de Nicanor Parra titulada Poesía e Antipoesía
CHISTES PARA DESORIENTAR A LA POESÍA
.
A ver a ver
tú que eres tan diablito ven para acá
¿hay o no hay libertad de expresión en
este país?
– Hay
………….ay
…………………….áááy!
PADRE NUESTRO . Padre nuestro que estás en el cielo Lleno de toda clase de problemas Con el ceño fruncido Como si fueras un hombre vulgar y corriente No pienses más en nosotros.
Comprendemos que sufres Porque no puedes arreglar las cosas.
Sabemos que el demonio no te deja tranquilo Deconstruyendo lo que tú construyes.
Él se ríe de ti Pero nosotros lloramos contigo: No te preocupes de sus risas diabólicas.
Padre nuestro que estás donde estás Rodeado de ángeles desleales Sinceramente: no sufras más por nosotros Tienes que darte cuenta De que los dioses no son infalibles Y que nosotros perdonamos todo.