bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Marzo, 2014”

A illa de San Simón, un espazo literario

Mañá, martes, aproveitando a visita dos alumnos e profesores do instituto Marc Chagall de Dompierre-sur-mer, haberá unha excursión á Illa de San Simón. No fondo da Ría de Vigo, trátase dunha illa chea de literatura. Dende os versos de Mendiño, no século XII, até Vázquez Montalbán, na súa novela Erec e Enide, a enseada de San Simón aparece reflexada nunhas cantas obras literarias. Pero, sen dúbida, a referencia máis coñecida é a que fai Xulio Verne na súa novela 20.000 leguas de viaxe submariña, onde o capitán Nemo recala nas augas da enseada para facerse cos tesouróns dos galeóns afundidos na batalla de Rande. En O lapis do carpinteiro, de Manolo Rivas, aparece o pasado da illa como cárcere de republicanos durante a Guerra Civil.

Como vedes, non é casualidade que fora elexida coma o lugar onde se entregan os premios Xerais de literatura.

 

Isla-San-Simon-2013

Navegación de artigos