bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Novembro, 2012”

O Faladoiro comeza con Cazadores de Sombras

O xoves tivemos no recreo a segunda reunión do club de lectura de alumnos e alumnas para fixar o libro a ler neste trimestre. Fixemos unha chuvia de ideas sobre os libros que leron ultimamente e os que lle gustaría ler. saíron varios títulos como Los Juegos del Hambre o Eragorn.

Ao final decidimos ler Cazadores de sombras. Ciudad de Hueso, de Cassandra Clare. Trátase do primeiro libro dunha saga de literatura fantástica, protagonizada por Clary, unha adolescente que coñece a tres guerreiros metade humanos, metade anxos, que se adican a liberar a terra de criaturas maléficas. Demos, vampiros e homes lobo percorren este mundo fantástico, creado por unha autora que se declara fan das Crónicas de Narnia e de Tolkien. Está tendo moito éxito, tanto que xa se editaron 5 libros, fixerónse videoxogos e está pendente de estrea unha película.

Quedamos o mércores 5 de decembro para comentar as cincuenta primeiras páxinas.

Eis tedes a ligazón á páxina oficial,  con información sobre a saga, a autora e as personaxes, onde tamén se poden comentar as lecturashttp://www.cazadoresdesombras.com/

Inaguración club de lectura de adultos

Este martes o Faladoiro Maior celebrou a súa primeira xuntanza deste curso 2012-13 coa asistencia de varios profes e nais da comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Alí decidiuse ler o cómic de Paco Roca Engurras, Premio nacional do Cómic en 2008 e que conta cunha adaptacióncinematográfica, da produtora galega Perro Verde Films, premiada co Goya 2011 á mellor película de animación. Trátase dunha historia conmovedora  sobre a vellez e a loita por conservar a memoria, co Alzhéimer coma telón de fondo.

A próxima xuntanza, xa para comentar o libro,será o mércores 10 de decembro ás 17.00. Noutra sesión proxectarase a longametraxe do mesmo título.

Imaxe de Engurras

Reunión club de lectura O faladoiro

Este martes 13 tivemos a primeira reunión deste curso 2012-2013 do noso club de lectura de alumnos e alumnas. Levamos catro anos neste proxecto co que fixemos moitas actividades: lecturas, visionado de películas, conversas con escritores, excursións. Nesta primeira reunión fixemos unha primeira toma de contacto sobre os vosos gustos e intereses na lectura. Vemos que interesan moito os mitos e a fantasía. Na próxima reunión, que faremos o xoves 22 no primeiro recreo na Biblioteca, elexiremos o primeiro libro a ler este trimestre, polo que vos pedimos que vaiades achegando suxerencias de títulos.

 

Semana do medo

Do 5 ao 9 de novembro, o medo vai a protagonizar os recreos do Carrasco. A Biblioteca vaise converter nun espazo pantasmagórico, poboado de teas de araña, velas e sons inquietantes, onde  se realizarán lecturas dramatizadas de contos de medo por parte dos alumnos de Teatro/Atención Educativa. Asímesmo, durante toda a semana haberá unha exposición de libros de medo. As actividades do Samaín complétanse cun concurso de cabazos tuneados no que o gañador recibirá 30 euros en material de debuxo. Se vedes luces pantasmagóricas, escoitades risas e arrastrar de cadeas, sabede que non son produto da vosa imaxinación, senón que unha pantasma habita o Carrasco esta semana.

Navegación de artigos