Momo no cine
O martes 26 teremos reunión do club de lectura de alumnas e alumnos para comentar o libro que eleximos, Momo, de Michael Ende.
A historia dos homes grises foi levada ao cine en dúas ocasións. A máis recente é unha película de animación italiana Momo, unha aventura a contrarreloxio (2001), dirixida por Enzo D´Aló. Este é o seu trailer e tamén podedes atopala completa en youtube.
A outra adaptación máis antiga, está rodada en Alemaña, país natal de Michael Ende, con actores de carne e óso e é máis fiel ao orixinal. Momo presentouse en 1986, aproveitando o gran éxito que tivera a adaptación da outra gran obra de Ende, A historia interminable.
Podedes comparalas entre sí e tamén coa nosa novela. Vémonos o martes.