bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Xaneiro, 2013”

Libro definitivo para o 2º trimestre

Trala xuntanza que tivemos este xoves, houbo novas propostas de lectura para o Faladoiro, que modificaron o resultado das votacións da anterior reunión. Un pouco cansos de longas sagas ou de vampiros e lobishomes,  acordamos finalmente ler unha obra de misterio “Pálida como la luna” de Mary Higgins Clark. 

Maggie Holloway, unha xoven e prestixiosa fotógrafa de modas se reencontra con Nuata, a muller que fora a súa madrastra. Ésta invítaa a pasar uns días na súa casa. Sen embargo, cando Maggie chega a Newport, se atopa cunha situación inesperada e terrible.

Image

 

Tamén decidimos ler algún relato dun clásico do terror gótico, Edgard Allan Poe, coma O Gato Nego ou a Caída da Casa Usher.

Image

 

O Faladoiro: lecturas para o 2º trimestre

Na reunión de O Faladoiro deste xoves debatimos sobre novas lecturas para ler neste trimestre e saíron tres suxerencias. Nas votacións está gañando Donde los árboles cantan. Aínda estades a tempo de votar ou suxerir novos libros até a reunión do próximo xoves. 

Image

 

Image

 

Image

O Faladoiro Maior: Engurras

O pasado luns, día 10 de decembro, tivo lugar na biblioteca do centro a reunión do club de lectura O Faladoiro Maior, para comentar o libro Engurras, de Paco Roca.

O tema do libro, o alzheimer, deu pé para abordar a situación dos nosos maiores que , á marxe de enfermidades mais ou menos discapacitantes, vense ás veces relegados a residencias onde a falta de cariño e a ausencia do seu entorno físico e humano convértense no seu maior problema.

O individualismo que, cada vez máis, caracteriza a nosa sociedade fai que as persoas máis necesitadas de afecto –os maiores, pero tamén, nalgúns casos, os nenos- queden cada vez máis esquecidos.

 

E ademais de comentar o libro deste trimestre e compartir galletas e pastas, grazas á xenerosidade de nais e docentes, que a todo deu tempo, eliximos a lectura para o próximo, Tardes con Margueritte, da escritora francesa Marie-Sabine Roger, unha historia sobre o amor á lectura que comentaremos o  luns 28 de xaneiro ás 17.00.

http://www.que-leer.com/1760/marie-sabine-roger-tardes-con-margueritte.htmlImage

 

 

Navegación de artigos