bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Maio, 2012”

40 anos dunha canción mítica: Grandola, Vila Morena

Fai hoxe 40 anos foi interpretada por primeira vez a canción de Jose “Zeca” Afonso, Grandola Vila Morena, o himno da Revolución dos Cravos no país veciño. O detalle que non sabía é que este tema foi interpretado por primeira vez na nosa terra, en Santiago de Compostela, o 10 de Maio de 1972. Estes acordes que ecoan verbas coma liberdade ou fraternidade e traen memorias de cravos en fusís resoan todavía frescos coma o primeiro día. O seu autor finou hai 25 anos, mais o seu legado está aínda vivo: O povo é quem máis ordena/terra da fraternidade.

http://terradafraternidade.com/grandola-vila-morena/

Recomendación literaria: 84, Charing Cross Road, de Helen Hanf

Trátase dunha novela de culto baseada nas correspondencia que mantivo a escritora cun libreiro dunha librería de segunda man situada nesa rúa de Londres. O ambente da posguerra, o gusto polos libros, o amor, o sentido do humor, desfilan por esta novela de culto. Existen tamén unha adaptación ao cine( La última carta,1987) de e unha adaptación teatral dirixida por Isabel Coixet.

http://es.paperblog.com/84-charing-cross-helene-hanff-333869/

http://www.filmaffinity.com/es/film883601.html

80 ANOS DA VISITA DE LORCA

Aló polo ano 1932, un sete de maio (tal día coma hoxe), hai oitenta anos, Federico García Lorca pronunciaba en Santiago, na actual sé do instituto Rosalía de Castro, unha conferencia, organizada polo Comité de Cooperación Intelectural de Santiago, e na que, como facía noutras visitas a distintas cidades de España, falaba da súa experiencia en Nova York, recitaba os versos que alí escribira e disertaba sobre o cante jondo. Entre algúns dos espectadores que alí se deron cita, estaban Ernesto Guerra da Cal, Carlos Maside, Carvalho Calero e García Sabell.

Lorca xa estivera anos atrás en Galicia, en concreto no ano 1916, e quedara fascinado pola verde paisaxe bretemosa, polas súas supersticións e pola súa música. (Segundo afirma Ian Gibson no libro Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca)

Meses despois da conferencia de Santiago en 1932, regresou á cidade e actuou na praza da Quintana co grupo teatral La Barraca.

ROMANCE DE LA LUNA, LUNA
La luna vino a la fragua
con su polisón de nardos.
El niño la mira mira.
El niño la está mirando.
En el aire conmovido
mueve la luna sus brazos
y enseña, lúbrica y pura,
sus senos de duro estaño.
Huye luna, luna, luna.
Si vinieran los gitanos,
harían con tu corazón
collares y anillos blancos.
Niño, déjame que baile.
Cuando vengan los gitanos,
te encontrarán sobre el yunque
con los ojillos cerrados.
Huye luna, luna, luna,
que ya siento sus caballos.
Niño, déjame, no pises
mi blancor almidonado.
El jinete se acercaba
tocando el tambor del llano.
Dentro de la fragua el niño,
tiene los ojos cerrados.
Por el olivar venían,
bronce y sueño, los gitanos.
Las cabezas levantadas
y los ojos entornados.
Cómo canta la zumaya,
¡ay cómo canta en el árbol!
Por el cielo va la luna
con un niño de la mano.
Dentro de la fragua lloran,
dando gritos, los gitanos.
El aire la vela vela.
El aire la está velando.

Romancero gintano, Federico García Lorca

A novela histórica, testemuña da utopía cotiá

Un vello conocido do Carrasco, Marcos Calveiro, vén de participar nunha mesa redonda sobre a Novela Histórica na Feira do Libro de Compostela. O autor, que estivo connosco fai dous anos falando do seu libro “Rinocerontes e Quimeras”(Ed. Tambre 2007), explicou que el partía sempre dunha idea, unha imaxe, antes de escribir… algo como un billete de 25 pesetas, un agasallo da súa avoa, no que alguén escribiu algo para outra persoa de aquí desde Alemaña. “Aquí hai unha novela”, dixo.

http://www.dioivo.eu/creacion/612-a-novela-historica-testemuna-da-utopia-cotia

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Navegación de artigos