bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Outubro, 2013”

O Faladoiro Maior reinicia a súa andaina

Image

Tras a primeira reunión do Faladoiro, agora chégalle o turno ao seu irmán maior, o club de lectura de adultos do IES Monte Carrasco. Este será o terceiro ano dun club que tenta xuntar en torno a un libro aos maiores da comunidade educativa: nais, pais, profesorado e persoal de administración.

Este martes 29 ás 17.00, na Biblioteca do noso centro, terá lugar a primeira reunión deste curso 2013-14. Podedes traer suxerencias de lecturas para este trimestre, xa que decidiremos entre todas cal é o primeiro libro sobre o que falaremos. Tamén podedes traer algo para merendar, que no Carrasco somos ben lambóns. Ánimo, e a participar.

Nova lectura do Faladoiro: Momo

Este martes, no primeiro recreo, os alumnos e alumnas do nos club de lectura decidiron por maioría comezar a nova andaina de O Faladoiro lendo a novela de Michael Ende Momo. publicada en 1973. Trata sobre unha nena orfa, Momo, que vive nun anfiteatro en ruinas nunha cidade de Italia. Momo ten unha habilidade especial para escoitar á xente, de facer amizades e inventar xogos moi divertidos. Na súa cidade todo é moi tranquilo até que chegan uns Homes de Gris que cambiarán por completo a existencia de Momo e dos habitantes da vila.

Quedamos en ler, como mínimo, até a páxina 50, xa que, o martes 5 de novembro, teremos unha xuntanza para falar das primeiras impresións do libro.

Boa lectura

Image

Comenza o Faladoiro

contenido7661Este martes, no primeiro recreo, teremos a primeira reunión do noso club de lectura de alumnas e alumnos. Na Biblioteca do noso centro, aqueles interesados en compartir experiencias de lectura tedes unha cita. Este curso haberá novidades como sesións conxuntas co club de lectura do IES de Rodeira ou unha diferenciación entre lecturas para 1º e 2º e outras para 3º e 4º. Tamén estamos abertos a suxerencias sobre posibles actividades, porque o club de lectura o facemos entre todas e todos.  Ademais, para os asistentes haberá algunha sorpresa. Quedades convidados.

Navegación de artigos