bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Outubro, 2012”

Libros con aroma a café en Cangas

As vivas cores dos libros destacan nun espazo tranquilo e neutral

Presentámosvos o novo Café Libraría que a a Editorial Rinoceronte ven de inagurar en Cangas este agosto. Trátase du nha iniciativa pioneira en galicia que tenta conxugar lecer e libros, ofrecendo a posibilidade de tomar un café ,  mercar títulos desta editorial morracense especializada en traducir directamente á nosa lingua títulos da literatura universal. Tamén se poñen á venta obras dos selos galegos Barbantesa, Urco Editora e Patas de Peixe. Este espazo, de gusto nórdico, tranquilo e funcional, emprégase como  marco para a realización de presentacións de libros, recitais e conferencias. Está na Avenida de Bueu número 15.

http://caferinoceronte.blogaliza.org/category/promocions/

Navegación de artigos