bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Febreiro, 2013”

O Faladoiro Maior: Tardes con Margueritte

Este luns 28 de xaneiro tivemos sesión de tarde do club de lectura de adultos coa novela da escritora francesa Marie-Sabine Roger. 13 profesores, nais e algún pai mantivemos un intercambio de opinións moi diversas sobre o libro. A uns gustoulles moito pola súa tenrura e sensibilidade á hora de tratar os grandes temas da vida dende a perspectiva dun perdedor, Germaine, que descubre un novo mundo, o dos libros a través da súa amizade cunha anciá, Margueritte. Segundo outras opinións, cae na sensiblería empalagosa, é demasiado esaxerado e pouco realista. No que coincidimos é que a traducción do título non foi adecuada e que o título orixinal francés, ” La tête en friche“( a cabeza en barbeito, ou por arar),  reflexa máis o contido do libro. Opinións para tódolos gustos nun animado e longo debate.
Decidimos non facer un proxección común da adaptación cinematográfica. A película está dispoñible na nosa biblioteca para o que a queira visionar na casa. Aí vos deixo o trailer:

Navegación de artigos