Exposición de exemplares da Revista A Gaivota
Estas semanas temos no hall do instituto unha exposición organizada pola Biblioteca con moivo da Semana da prensa onde se recolle unha pequena escolma de números antigos da revista do Monte Carrasco: A Gaivota. Podemos ver a través destes exemplares a evolución do noso centro dende finais dos anos oitenta, cando era colexio de EXB, até hoxe, coma Instituto de Ensino Secundario. Tamén se pode observar a evolución de formatos da propia revista, desde folios grapados mecanografiados até a impresión láser e o formato dixital da actualidade.
Porén, a serie non está completa, faltan exemplares tan valiosos dende o punto de vista histórico, educativo e, sobre todo sentimental, coma os números 1 e 2. Por iso, se algún dos lectores posúe algún destes números ou coñece a alguén que os teña, lle estaríamos moi agradecidos se se puxera en contacto connosco.