bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Novembro, 2018”

Na procura de…

Vai empezando o tempo de ler. Ben…, sabemos que o tempo de ler nunca remata, pero xa está aberto O Faladoiro, o noso club de lectura, esperando pola nosa participación. Prestade atención ás pistas que irán aparecendo na contorna do Carrasco nos próximos días se queredes saber máis.

Deixádevos atrapar polo misterio, a intriga e a emoción.

Xuntámonos no primeiro recreo dos martes na aula de desdobres 3.

Abride ben os ollos… e os oídos… e a mente…  Vide sen medo!

Benvida!

Estamos encantados de volver estar ó voso dispor no blog da Biblioteca do Monte Carrasco. Un sinfín de ideas andan a pulular polas nosas cabezas para darlle unha volta ó espazo e ós contidos deste recuncho, o virtual e o físico. Novo curso, nova realidade, novas ilusións, novas esperanzas de seguir contando con toda a comunidade educativa para manter viva, e moi viva, a nosa Biblioteca. Participade en todas as iniciativas, traede as vosas propostas, sentídevos membros desta nosa pequecha comunidade. Hai sitio para todos e todas! Achegádevos! Seredes sempre benvidos e benvidas!

Navegación de artigos