bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Setembro, 2013”

Comeza o curso 2013-14

Para a Biblioteca do IES Monte Carrasco tamén comeza un novo curso que, coma os anteriores, estará cheo de actividades. A nosa biblioteca busca ser algo máis que un almacén de libros ou un sitio onde pasar os recreos. Estes últimos anos funcionou como un espazo onde os libros colleron vida a través de lecturas compartidas, representacións teatrais e  recitais de poesía. En breves, neste blog, iremos  reflexando todas estas actividades, especialmente os dous clubs de lectura que están funcionando, o Faladoiro e O Faladoiro Maior. Permanecede atentos ás vosas pantallas.

Navegación de artigos