Tintín en Vigo
O club de lectura do Monte Carrasco comenza a sú andaina este curso coa lectura dalgúns comics do reporteiro que nunca escribiu unha liña: Tintín. Practicamente todo o mundo coñece a este rapaz con flequillo e ao seu inseparable Milú. O que probablemente non sabiades é que Tintín, nunha das súas aventuras, “O caranguexo das pinzas de ouro”, estivo no porto de Vigo. Alí embarca no cargueiro Karaboudjan, a bordo do cal coñece ao capitán Haddock. Este é un dos albumes nos que se basea a ultima película de Spielberg “Las aventuras de Tintín: el secreto del Unicornio”.