Chove en xaneiro
sobre a campía.
Choiva moi mesta.
Choiva moi fría.
Chove en febreiro
encol da terra.
Choiva que laia.
Choiva que berra.
Chovisca en marzo
contra as esquinas.
Choiva lixeira.
Choiva ben fina.
Chove en abril
sobre as chorimas.
Choiva de vidro.
Choiva-andoriña.
Chove en maio
na madrugada.
Choiva quentiña.
Choiva calada.
Chovisca en xuño
sobre as fogueiras.
Choiva enmeigada.
Choiva algareira.
Chovisca en xullo
sobre a dozura.
Choiva-salouco.
Choiva miúda.
Chove en agosto
sobre as tronadas.
Choiva rugosa.
Choiva amoucada.
Chove en setembro
contra as xanelas.
Choiva que esvara.
Choiva que enlea.
Chove en outubro
sobre o silencio.
Choiva saudosa.
Choiva-misterio.
Chove en novembro
sobre as lembranzas.
Choiva que voa.
Choiva que danza.
Chove en decembro
sobre a xeada.
Choiva friorenta.
Choiva nevada.
Chove nos versos, Antonio García Teijeiro, Ed. Xerais
21 marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA
OCÉANOS
Documental que amosa as marabillas dos océanos do mundo.
A cinta mergúllase nas profundidades de todos os mares do planeta e explora a cara máis descoñecida da Terra, desde as lagoas tropicais e os témpanos polares ata as inexploradas profundidades onde non chega a luz do sol.
Foi dirixida por Jacques Perrin e Jacques Cluzard, nominados ao Oscar ao Mellor Documental en 2003 por “Nómades do vento”. Mergulláronse nos mares de todo o mundo durante catro anos, para poder rexistrar o que alí sucede con sumo detalle. Algúns dos lugares filmados: Venezuela, Bahamas, Illas Galápagos, México, Canadá, Australia, a Antártida, os Azores, Xapón, Italia, Grecia…
Este proxecto cinematográfico amosa o risco que corren algunhas especies mariñas, sobre todo debido á acción prexudicadora do home: as baleas xorobadas, os dragóns do mar, as medusas xigantes, os osos polares, os tiburóns brancos, os pingüíns e os corais.
Unha das escenas máis desacougantes e tráxicas é aquela na que amosan como é a caza dos tiburóns, na que, despois de cortarlles as aletas a estes, os mesmos son devoltos ao mar, morrendo desde xeito desangrados.
Recoñecidas entidades científicas de todo o mundo como o Museo de Historia Natural de París, a Fundación Sloan para o censo da vida mariña (EEUU), CNRS, IFREMER ou ESA colaboraron estreitamente asesorando o equipo de cineastas.
http://www.ecologismo.com/2010/04/23/oceanos-el-documental-mas-caro-de-la-historia/
O DOCUMENTAL OCÉANOS
El aguijón del diablo, Ricardo Alcántara
Zaragoza: Ed. Edelvives, 1998
ARGUMENTO
Gustavo, o protagonista, está moi raro. Sempre está enfadado, contesta mal á súa nai e hai tempo que non aparece no instituto.
Súa nai, Joaquina, non entende que lle pasa e quere descubrilo; aínda que isto lle supoña descubrir unha realidade que lle fará dano: o seu fillo é drogadicto. Joaquina bótalle moito coraxe e intenta salvar o seu fillo pero non o consegue. Para colmo, nesta loita está soa, o seu home non a apoia, pola contra, abandónaa e deixa que se enfronte ela soa ao problema do seu fillo.
Tan ocupada está Joaquina neste lío que non se decata de que deixou de prestarlle atención ao seu outro fillo, Fernando. Este sente que non conta para ela, pero aínda así, sempre encobre e protexe ao seu irmán, tanto que aínda chega a roubar por el.
Ha ser a nai de Gustavo quen teña que tomar unha dura decisión; por máis que quere ao seu fillo, non poderá axudalo mentres el non queira.
OPINIÓN PERSOAL
Ten que ser moi duro para unha nai enfrontarse aos problemas que poden acarrear os fillos. E os fillos ás veces temos problemas e ao non sabermos como afrontalos, metémonos en líos. Moitas veces porque non queremos oír o que nos din os nosos pais.
Este libro fala dos problemas que nos poden causar as drogas, e estes non sacan a ninguén de ningún problema, se non che traen máis. Gustavo serpárase da súa familia, vai con malas compañas, deixa os estudos, rouba á súa propia nai e ao señor que lle dá traballo. Creo que arruinou a vida.
Recomendaría este libro porque merece a pena que sexamos capaces de poñernos no sitio dos nosos pais e poder reflexionar sobre canto poden chegar a sufrir cando un fillo se mete nas drogas.
ÁNGEL GONZÁLEZ COSTA 1º A
ENTRE AS DIVERSAS SELECCIÓNS DE TEXTOS QUE SE FIXERON PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ NON ATOPO UN FERMOSO TEXTO DE MAIAKOVSKI QUE PODERIAMOS ENGADIR Á GROSA LISTA DE TEXTOS
E entón, -que queredes?
Fixen renxer as follas do xornal
abríndolles as pálpebras entornadas.
E logo,
de cada fronteira distante
subiu un cheiro de pólvora
perseguíndome ata a casa.
Nestes últimos vinte anos
nada de novo hai
no ruxir das tempestades.
Non estamos alegres,
é certo,
-mais tamén por que razón
haberiamos de ficar tristes?
O mar da historia
é axitado.
As ameazas
e as guerras
temos que atravesalas,
rompelas ao medio,
cortándoas
como unha quilla corta
as ondas.
TEMPOS MODERNOS na Biblioteca
ESTE XOVES ESTIVEMOS A VER VARIOS VÍDEOS DE “MODERN TIMES” NA BIBLIOTECA
HAI 75 ANOS QUE SE ESTREOU E SEGUE A TER MODERNIDADE. A CRÍTICA ACEDA AO CAPITALISMO CONTINÚA VIXENTE.
UNHA XOIA DO CINE (ENTRE MUDO E SONORO)