bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Maio, 2013”

Teatro na Biblioteca

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO mércores pasado a nosa biblioteca convertiuse nun escenario improvisado para lembrar a Roberto Vidal Bolaño. Asistimos a unha espectacular representación do alumnado de 1º e 2º de Atención Educativa(teatro), cunha dramatización de episodios da vida de Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, xunto con fragmentos dalgunhas das súas obras máis representativas. Os nosos xóvenes actores conseguiron achegarnos a o universo do autor compostelán, perfectamente dirixidos polas profesoras Luz Jares e Xeila Acuña.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Advertisements

Feliz Día da Letras Galegas

Dende a Biblioteca do IEs Monte Carrasco queremos unirnos á celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Autor teatral, actor, director, guionista e escenógrafo, o compostelán falaba de sí mesmo desta maneira:

Eu son un home……un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresposábel, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas e, sen embargo por iso, máis grandiosas.Image

 

Fragmentos favoritos: “Cumbres Borrascosas”

Inaguramos unha nova sección no blog, adicada aos fragmentos que máis nos gustan das obras que vamos lendo. E comezamos, co que, ao meu xuízo é un dos fragmentos máis impactantes da novela, cando Catherine confesa o seu amor por Heathcliff, a pesares de que sabe que vai casar con Edgar Linton. Aquí se ve toda a arrebatadora e fermosa violencia das paixónsque conmove os páramos de Yorkshire:

“… él nunca llegará a saber cuánto le quiero, y no porque sea guapo, sino porque hay más de mí en él que en mí misma. No sé qué composición tendrán nuestras almas, pero sea de lo que sea, la suya es igual a la mía, y en cambio la de Edgar es tan diferente como el rayo lo es de la luz de la luna, o la nieve de la llama…” 

Páx. 107 Cap. 9

Aproveitamos para lembrar ás alumnas e alumnos que teremos unha reunión para comentar os 12 primeiros capítulos do libro este xoves 9 no recreo. Déixovos cunha canción que o grupo británico Mumford & Sons compuxo para a última versión cinematográfica da novela.

 

O Faladoiro maior cambia a súa data de reunión

Tal como se vos comunicou por correo electrónico, a reunión prevista este luns 6 trasládase ao luns 13 de maio, debido a un cambio no calendario interno de actividades. Así que o 13 ás 17.00 agardámosvos na biblioteca do centro para comentar a novela de Jorge Amado Doña Flor e os seus dous maridos.

Como curiosidade, o gran compositor brasileiro Chico Buarque escribiu a banda sonora da versión cinematográfica, en 1976. E aí figura unha canción moi coñecida, coa que se abre a película. Vos soa?

Navegación de artigos