bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo para a categoría “INICIO”

A nosa Biblioteca

Traballo do alumnado de Investigación e Tratamento da Información (ITI) 2017

Advertisements

Eduardo Mendoza: Premio Cervantes 2016

eduardomendoza

PIALE: Canada

IES Monte Carrasco: Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) 2016.

NOVAS DO FALADOIRO

Continúa a aventura dos libros. Atrévete a unirte a nós!

club de lecturadef

Facémosvos tres propostas para este primeiro trimestre:

  • O principiño, de Antoine de Saint-Exupery, dirixido ó alumnado de 1º e 2º.

  • Fahrenheit 451, de Ray Bradbury, que leremos coa alumnado de 3º e 4º.

 

  • Para o Faladoiro Maior, eliximos Palestina, de Joe Sacco

BENVIDAS E BENVIDOS Ó NOVO CURSO

Aquí estamos de novo, dispostos a continuar preto de vós dende a biblioteca.

Comezamos.samain 15

EL ENIGMA DEL PLATERO: UNHA HISTORIA DE CANGAS

Na última sesión do Faladoiro Maior tivemos o pracer de contar coa presenza de Guillermo Moldes Rodal, o autor de El enigma del platero (Editorial Universo, 2014), que acababamos de ler.

A obra, ambientada en Cangas, engánchanos con segredos e misterios que nacen no século XVII, durante a invasión da vila polos turcos, e chegan ata os nosos días, resolvéndose en espazos tan recoñecibles como a igrexa ou a alameda, pola que nos imaxinamos á protagonista da historia actual fuxindo espavorecida dos seus perseguidores.

Pero se grande foi o pracer da lectura, maior foi o de poder compartir co propio autor os bastidores tanto da propia obra como do proceso da creación literaria, polo que lle agradecemos de todo corazón que accedese a compartir con nós unha tarde de libros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Concurso literario

Entendendo as diferencias

La lección de August, de R. J. Palacio, foi o libro elixido polos membros do Club de lectura de 1º de ESO.

August comeza a ir ó colexio ós dez anos. Durante os anteriores a súa educación transcorreu  na súa casa e a incoporación a un centro educativo, con compañeiros cos que interactuar vai supoñer un gran cambio na súa vida.

Haberá moitos momentos de desánimo, de angustia, de decepción e tristeza, pero pouco a pouco, o rapaz irá gañando o corazón das compañeiras e compañeiros e ofreceralles a maior e máis valiosa lección da súa vida.

Limpeza de sangue

Comezamos a andaina do Faladoiro Maior deste curso cunha obra de teatro.

Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal, é unha obra fresca e entretida, que ó mesmo tempo nos dá moito para pensar: dúas personaxes procedentes de mundos aparentemente oposto van atopar un punto en común que fará que eses mundos converxan dalgún xeito sobre eles.

Invitámosvos a lela ou, se hai ocasión, a vela.

PREMIO Ó PROXECTO INTERDISCIPLINAR

premiodanzastradicionaisEste enlace para ver a noticia no Faro de Vigo.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/11/09/preservar-arte-bailar/1128452.html

Navegación de artigos