bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Xuño, 2012”

MARCOS CALVEIRO, PREMIO MERLÍN 2012, unha homenaxe ás mulleres africanas

Amne, una de las 'termitiere'. Autor: Cristina Vazquez/Intermón Oxfam

O xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema «Palabras de auga»que, despois de aberta a plica, resultou ser de Marcos Calveiro e corresponde ao título Palabras de auga.

Narra a aventura iniciática de Amadou, un rapaz suahili que pertence a un clan de nómades. A obra, sólida e perfectamente estruturada, está construída a través de continuos flashbacks que van artellando a historia.

Segundo os membros do xurado «os pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda responsabilidade da supervivencia».

«Cunha narración liviá entre a que se van entrelazando o galego e o suahili, o autor fai un impecable retrato do ser humano e do seu comportamento sometido a condicións extremas. O libro reborda lirismo e calidade literaria. É desas obras que emocionan, que conmoven, que cautivan».

Por último, os membros do xurado, sinalaron que «Palabras de Auga é unha viaxe cara o interior da África máis pura. Pero tamén cara o interior do propio eu, e esta é unha singradura sen posible retorno».

«Palabras de Auga é como outras miñas un diálogo intercultural, neste casa coa África Subsahariana. Con esa cultura da que só sabemos cando acontecen desgrazas ou polas mulleres e homes afoutos que xogan a vida embarcando nas “pateras” na procura dun futuro mellor para eles e para os seus fillos. O xerme da novela é unha nova nun xornal na que se falaba das chamadas “termitières”, mulleres que no Chad para alimentar aos seus fillos recollen o gran nos formigueiros. Esa imaxe, a dunha nai roubando o alimento ás formigas, impresionoume de tal xeito que me me empurrou a escribir esta novela. Unha homenaxe a esas mulleres africanas que malia a súa discriminación social son os verdadeiros alicerces das súas familias e tribos».

Podedes tamén ler a entrevista que apareceu no xornal http://www.dioivo.eu:

http://dioivo.eu/creacion/letras/902-amancio-ortega-non-e-exemplo-etico-de-nada-quen-tena-cartos-que-faga-algo-polo-paisq

Advertisements

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas convértanse en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

 

http://www.un.org/Depts/dhl/spanish/environment/

MARTIN SCORSESE

A continuación deixámosvos un vídeo moi interesante sobre o director Martin Scorsese, que recentemente adaptou o libro de Brian Selznick,  A invención de Hugo Cabret, e do cal tedes a película ” O aviador” na biblioteca do centro.

Navegación de artigos