bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Abril, 2013”

Reunión do club de lectura de alumnas e alumnos

Mañá xoves, teremos os e as(sobre todo as) do faladoira temos unha cita no primeiro recreo na Biblioteca para comentar os catro primeiros capítulos de Cumbres Borrascosas. Comezamos a estar intrigados pola historia de Heatcliff e Catherine e os misterios que envolven a granxa Wuthering Heights. En 1978, a cantante británica Kate Bush escribiu a unha canción co mesmo título, baseada na historia da novela que estamos a ver. Seguro que vos soa.

Día do Libro no Carrasco

Image

Con motivo da celebración do Día do Libro, este martes 23 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizarán unha lectura pública na biblioteca dos dous primeiros capítulos de “El Quijote“. Terá lugar durante as dúas primeiras horas da mañá,

Lembramos que o 23 de abril conmemórase a data do falecemento de Miguel de Cervantes, autor da obra máis universal da literatura en lengua hispana.

Faladoiro Maior “Doña Flor y sus dos maridos”

A próxima reunión do club de lectura de adultos, “Faladoiro Maior”, terá lugar o luns 6 de maio ás 17.00 na Biblioteca do centro. Comentaremos o libro do escritor brasileiro Jorge Amado “Doña Flor y sus dos maridos”.

Para abrir boca deixámosvos coa película do mesmo título dirixida en 1976 por Bruno Barreto(en portugués con subtítulos en castelán)

“Cumes borrascosas”, nova lectura de O Faladoiro

Image

Na reunión de onte do noso club de lectura para alumnos e alumnas(sobre todo alumnas!), acordamos ler no terceiro trimestre a obra clasica de Emily Bronte Cumes Borrascosas.  Trátase dunha historia romántica ambientada na Inglaterra do século XIX. A historia de dúas familias, os Liton e os Earnshaw, nun drama de amores e ambicións que ten por escenario a granxa Wuthering Heights(Cumes borrascosas en inglés).

A obra máis coñecida das irmá maior de Charlotte Bronte (autora de Jane Eyre) foi levada ao cine en numerosas ocasións. Déixovos o trailer da versión máis recente.

EXPOSICIÓN ITINERANTE “QUE BAIXE O PANO!”

Image

 
  Estas semanas imos ter na entrada do noso centro unha exposición de materiais do Fondo teatral María Casares. Aproveitando a celebración do día Internacional do Teatro, o equipo de biblioteca e o EDLG montaron esta exposición, que está a moverse polos centros educativos do Morrazo.
O Fondo teatral María Casares é  unha colección de fondos bibliográficos sobre teatro ,  o resultado dun convenio asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a compañía de “Teatro de Ningures” e a “Revista Galega de Teatro”.
  Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dúas entidades, vai progresivamente enriquecendo as súas posibilidades con novas e contínuas aportacións e completando secuencias incompletas das revistas.
   O Fondo conta actualmente con arredor dun millar de volumes e  revistas, que son unha base moi útil para todas as persoas interesadas polo feito teatral, sendo un depósito especializado en teatro único en Galicia.
ONDE ESTÁ? Sitúase na Biblioteca Central de Cangas e é de acceso público a través do carnet da biblioteca.
QUE REÚNE? Textos teatrais para escolares, para adultos e para grupos profesionais do teatro, libros didácticos sobre as distintas artes escénicas, expresión corporal, títeres, revistas e publicacións de todo o estado e do estranxeiro…etc
 
 

 

Navegación de artigos