bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Abril, 2020”

Suxestión de lectura

UN HIJO, de Alejandro Palomas. La Galera Editorial.UN_HIJODeixámosvos aquí unha excelente idea para pasar un par de tardes.

Un rapaz introvertido, apaixonado pola lectura, cunha gran imaxinación… e cunha única amiga.

Un pai en crise, unha nai ausente, unha profesora preocupada e unha psicóloga que intenta encaixar as pezas do crebacabezas.

Unha novela que nos fai sentir, que nos estremece coa súa mestura de tristeza, alegría, tenrura, medo…

GOZADE DELA!

DÍA DO LIBRO

Todos temos un recuncho favorito para iniciar as nosas viaxes imaxinarias… Mesmo nos tempos do confinamento.

COLLAGE

MAIOS PARA O CONFINAMENTO

NON QUEREMOS QUEDAR SEN MAIOS!

Xa que non podemos festexalos fóra, aquí vos queda unha cita para celebralos  doutro xeito, máis acorde coa situación actual. De seguro que resultará unha interesantísima experiencia.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

IMG-20200420-WA0004

LUZ POZO GARZA

“Os vieiros que me levan

persisten na acordanza dunha historia

única. “

Luz Pozo Garza: Códice Calixtino

Unha das últimas integrantes da Promoción de Enlace, Luz Pozo Garza, acaba de marchar. Testemuña das vicisitudes do país durante case un século soubo dar á súa poesía a luminosidade e a música que faltaban na sociedade na que naceu e medrou.

Quédannos para sempre os seus versos.

Falece a poeta Luz Pozo Garza

A Biblio non se detén co Confinamento

A nosa Biblioteca quérevos ofrecer, para estas longas xornadas de introspección, unha serie de sitios nos que seguir en contacto activo coa cultura da palabra.

Botádelle unha ollada a esta pequena escolma e navegade con soltura por mares de todos os continentes, sacando o maior proveito da aventura da lectura… e tamén do teatro, grazas ás ofertas en aberto que nos permiten gozar de balde de moitas obras que noutras circunstancias non están dispoñibles sen pasar por caixa.

Que os ventos sexan propicios, mesmo na casa.

Velaí as nosas propostas:

Nós Diario fai unha escolma moi útil de sitios nos que mergullarse para engancharse na nosa cultura.

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/10-propostas-galego-balde-ler-encerro/20200326141708093912.html

AULAS GALEGAS é un portal educativo creado por profesorado entusiasta con multitude de propostas para non aburrirse.

https://aulasgalegas.org/

Un espazo da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes para a lingua galega.

http://www.letrasgalegas.org/

O sitio do Ministerio de Cultura e Deporte para as Bibliotecas Dixitais.

http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/bibliotecas/bibliotecas-digitales.html

A Biblioteca Miguel de Cervantes Virtual

http://www.cervantesvirtual.com/

Biblioteca Dixital Mundial. Sorprenderaste do que podes atopar aquí!

https://www.wdl.org/es/

O sitio do Proxecto Gutenberg, non hai excusas para non visitalo.

http://www.gutenberg.org/

Neste enlace poderás descargar libros dixitais.

http://es.feedbooks.com/books

Este é o sitio do Teatro con maiúsculas. Deixádevos levar…

http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice

Navegación de artigos