bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Abril, 2011”

23 de abril – 2011, Día Mundial do Libro, O LUGAR DA LECTURA

Este ano Carlos Negro agasallou as Bibliotecas Escolares un fermoso poema no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2011

Unha illa de luz na xema dos dedos.

Unha porta sempre entreaberta.

Unha duna cara ao vento.

Unha nube sobre a herba.

Unha casa encantada.

Unha laranxa do paraíso.

Unha pousada no inferno.

Unha man e unha fouce.

Unha carapucha vermella.

Unha bufanda colorada.

Unha alfombra no ceo.

A pulga e o xigante.

A rosa e o cravo.

A serpe e a mazá.

A fonte e o cervo.

A flor da candea.

A fenda do espello.

A lúa na boca.

A tona do tempo.

A pedra e o canto.

A voz e o silencio.

O lugar da lectura.  

CARLOS NEGRO

Advertisements

LOIS PEREIRO, 17 MAIO 2011, LETRAS GALEGAS

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 

ENCONTROS DO PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 7 E 8 DE ABRIL

Os días 7 e 8 de abril celebráronse os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas en Santiago de Compostela.

O venres pola mañá asistimos á charla de Teresa Mañá e Mónica Baró, sobre a avaliación do traballo da Biblioteca. Logo houbo un obradoiro no que participou o noso Miguel, falando sobre “A Biblioteca na ficción”.

Pola tarde, logo de compartir experiencias as Bibliotecas da zona, tivemos o privilexio de escoitar e rir a/con Neira Vilas.

Parabéns a todas aquelas persoas implicadas na organización dos Encontros.

LUIS DAVILA NO MONTE CARRASCO

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

NA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO CONTAMOS COA VISITA DO ARTISTA GRÁFICO

LUIS DAVILA

Deunos unha divertida clase de como aprender a debuxar rostros en menos de dúas horas. Foi emocionante comprobar como as faces ían adquirindo máis trazos a medida que cumprían anos. Gustounos!



LUIS DAVILA, deseñador gráfico e autor das tiras de humor O BICHERO e O FOTOMATÓN no diario Faro de Vigo.

Á hora de elixir o nome para a tira de humor pensou en aparellos de pesca e quedou con dous: o jallapán e o bichero. Escolleu o segundo.

Admira humoristas gráficos como QUINO, EL ROTO (El País), FORGES e GALLEGO Y REY.

Se queredes saber máis:

http://www.obichero.blogspot.com

http://www.delmorrazo.com/entrevistas/davila.html

Navegación de artigos