bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Xuño, 2013”

Feiras do libro de Galicia

Estamos en plena temporada das feiras do libro en Galicia. Estes acontecementos ofrecen a posibilidade de adquirir con desconto as últimas novidades bibliográficas, así como de asistir á presentación dos libros por parte dos propios autores. Ofrecen ademais, actividades paralelas, coma recitais poéticos ou concertos. Nestes momentos estáse a celebrar a feira do libro en Ourense e a próxima terá lugar en Vigo a partir do 28 de xuño, na Alameda. Aquí en Cangas seguimos a botar en falta a feira do libro que se celebraba a finais de xullo e que desapareceu fai 3 anos por razóns económicas. Agardemos que algún día voltemos a ver como se despregan as casetas dos libreiros na Alameda Vella.

Image

 

http://www.feirasdolibro.com/

Advertisements

Navegación de artigos