bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo para a categoría “MÚSICA”

80 ANOS DA VISITA DE LORCA

Aló polo ano 1932, un sete de maio (tal día coma hoxe), hai oitenta anos, Federico García Lorca pronunciaba en Santiago, na actual sé do instituto Rosalía de Castro, unha conferencia, organizada polo Comité de Cooperación Intelectural de Santiago, e na que, como facía noutras visitas a distintas cidades de España, falaba da súa experiencia en Nova York, recitaba os versos que alí escribira e disertaba sobre o cante jondo. Entre algúns dos espectadores que alí se deron cita, estaban Ernesto Guerra da Cal, Carlos Maside, Carvalho Calero e García Sabell.

Lorca xa estivera anos atrás en Galicia, en concreto no ano 1916, e quedara fascinado pola verde paisaxe bretemosa, polas súas supersticións e pola súa música. (Segundo afirma Ian Gibson no libro Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca)

Meses despois da conferencia de Santiago en 1932, regresou á cidade e actuou na praza da Quintana co grupo teatral La Barraca.

ROMANCE DE LA LUNA, LUNA
La luna vino a la fragua
con su polisón de nardos.
El niño la mira mira.
El niño la está mirando.
En el aire conmovido
mueve la luna sus brazos
y enseña, lúbrica y pura,
sus senos de duro estaño.
Huye luna, luna, luna.
Si vinieran los gitanos,
harían con tu corazón
collares y anillos blancos.
Niño, déjame que baile.
Cuando vengan los gitanos,
te encontrarán sobre el yunque
con los ojillos cerrados.
Huye luna, luna, luna,
que ya siento sus caballos.
Niño, déjame, no pises
mi blancor almidonado.
El jinete se acercaba
tocando el tambor del llano.
Dentro de la fragua el niño,
tiene los ojos cerrados.
Por el olivar venían,
bronce y sueño, los gitanos.
Las cabezas levantadas
y los ojos entornados.
Cómo canta la zumaya,
¡ay cómo canta en el árbol!
Por el cielo va la luna
con un niño de la mano.
Dentro de la fragua lloran,
dando gritos, los gitanos.
El aire la vela vela.
El aire la está velando.

Romancero gintano, Federico García Lorca

Advertisements

The Beatles Rockband Intro

<p><a href=”http://vimeo.com/6613463″>The Beatles Rockband Intro</a> from <a href=”http://vimeo.com/steffromuk”>Stephane coedel</a> on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

INTRO DE INSPIRACIÓN CINEMATOGRÁFICA PARA O VIDEOXOGO  The Beatles: Rockband .

IMAGINE, JOHN LENNON

IMAGINE é o segundo álbum de estudio de John Lennon e é considerado como o seu traballo máis popular como solista.

O tema que dá título ao álbum, “Imagine”, vense considerando o himno por excelencia da paz mundial. “Jealous Guy”, orixinalmente titulada “Child of Nature” durante a súa composición na India en 1968, tamén obtería grande popularidade dentro do catálogo de cancións de Lennon. Outros momentos importantes do álbum son os temas “Oh My Love”, composto para Yoko Ono, e a contemplativa “How?”, a cal, xunto á anterior, foron influídas pola experiencia vivida por Lennon na terapia primal. “How?” revela as preguntas realizadas polo músico durante os cambios producidos no tempo que durou a terapia, mentres “Oh My Love” comunica o Lennon xovial e maduro, resultado da mesma terapia.

Imagine tamén insiste no amor de Lennon polo rock´n´roll nos temas “Crippled Inside” e “It´s So Hard”, así como na provocativa “Gimme Some Truth”. “I Dont´t Wanna Be A Soldier” pecha a primeira parte de Imagine cunha carga política en contra do activismo militar.

http://es.wikipedia.org/wiki/Imagine_(%C3%A1lbum)

Oh My Love

JEALOUS GUY


Navegación de artigos