bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Xaneiro 14, 2013”

O Faladoiro Maior: Engurras

O pasado luns, día 10 de decembro, tivo lugar na biblioteca do centro a reunión do club de lectura O Faladoiro Maior, para comentar o libro Engurras, de Paco Roca.

O tema do libro, o alzheimer, deu pé para abordar a situación dos nosos maiores que , á marxe de enfermidades mais ou menos discapacitantes, vense ás veces relegados a residencias onde a falta de cariño e a ausencia do seu entorno físico e humano convértense no seu maior problema.

O individualismo que, cada vez máis, caracteriza a nosa sociedade fai que as persoas máis necesitadas de afecto –os maiores, pero tamén, nalgúns casos, os nenos- queden cada vez máis esquecidos.

 

E ademais de comentar o libro deste trimestre e compartir galletas e pastas, grazas á xenerosidade de nais e docentes, que a todo deu tempo, eliximos a lectura para o próximo, Tardes con Margueritte, da escritora francesa Marie-Sabine Roger, unha historia sobre o amor á lectura que comentaremos o  luns 28 de xaneiro ás 17.00.

http://www.que-leer.com/1760/marie-sabine-roger-tardes-con-margueritte.htmlImage

 

 

Navegación de artigos