bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

O Faladoiro comeza con Cazadores de Sombras

O xoves tivemos no recreo a segunda reunión do club de lectura de alumnos e alumnas para fixar o libro a ler neste trimestre. Fixemos unha chuvia de ideas sobre os libros que leron ultimamente e os que lle gustaría ler. saíron varios títulos como Los Juegos del Hambre o Eragorn.

Ao final decidimos ler Cazadores de sombras. Ciudad de Hueso, de Cassandra Clare. Trátase do primeiro libro dunha saga de literatura fantástica, protagonizada por Clary, unha adolescente que coñece a tres guerreiros metade humanos, metade anxos, que se adican a liberar a terra de criaturas maléficas. Demos, vampiros e homes lobo percorren este mundo fantástico, creado por unha autora que se declara fan das Crónicas de Narnia e de Tolkien. Está tendo moito éxito, tanto que xa se editaron 5 libros, fixerónse videoxogos e está pendente de estrea unha película.

Quedamos o mércores 5 de decembro para comentar as cincuenta primeiras páxinas.

Eis tedes a ligazón á páxina oficial,  con información sobre a saga, a autora e as personaxes, onde tamén se poden comentar as lecturashttp://www.cazadoresdesombras.com/

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “O Faladoiro comeza con Cazadores de Sombras

  1. Encantoume este libro, é precioso. Non entendo as persoas que non lle atoparon graza ao libro, para min é un dos mellores libros que lin.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: