bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

BENVIDAS E BENVIDOS Ó NOVO CURSO

Aquí estamos de novo, dispostos a continuar preto de vós dende a biblioteca.

Comezamos.samain 15

Advertisements

EL ENIGMA DEL PLATERO: UNHA HISTORIA DE CANGAS

Na última sesión do Faladoiro Maior tivemos o pracer de contar coa presenza de Guillermo Moldes Rodal, o autor de El enigma del platero (Editorial Universo, 2014), que acababamos de ler.

A obra, ambientada en Cangas, engánchanos con segredos e misterios que nacen no século XVII, durante a invasión da vila polos turcos, e chegan ata os nosos días, resolvéndose en espazos tan recoñecibles como a igrexa ou a alameda, pola que nos imaxinamos á protagonista da historia actual fuxindo espavorecida dos seus perseguidores.

Pero se grande foi o pracer da lectura, maior foi o de poder compartir co propio autor os bastidores tanto da propia obra como do proceso da creación literaria, polo que lle agradecemos de todo corazón que accedese a compartir con nós unha tarde de libros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Concurso literario

Entendendo as diferencias

La lección de August, de R. J. Palacio, foi o libro elixido polos membros do Club de lectura de 1º de ESO.

August comeza a ir ó colexio ós dez anos. Durante os anteriores a súa educación transcorreu  na súa casa e a incoporación a un centro educativo, con compañeiros cos que interactuar vai supoñer un gran cambio na súa vida.

Haberá moitos momentos de desánimo, de angustia, de decepción e tristeza, pero pouco a pouco, o rapaz irá gañando o corazón das compañeiras e compañeiros e ofreceralles a maior e máis valiosa lección da súa vida.

Limpeza de sangue

Comezamos a andaina do Faladoiro Maior deste curso cunha obra de teatro.

Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal, é unha obra fresca e entretida, que ó mesmo tempo nos dá moito para pensar: dúas personaxes procedentes de mundos aparentemente oposto van atopar un punto en común que fará que eses mundos converxan dalgún xeito sobre eles.

Invitámosvos a lela ou, se hai ocasión, a vela.

PREMIO Ó PROXECTO INTERDISCIPLINAR

premiodanzastradicionaisEste enlace para ver a noticia no Faro de Vigo.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/11/09/preservar-arte-bailar/1128452.html

MALALA, PREMIO NOBEL DA PAZ

MAFALDA: QUINCUAXÉSIMO ANIVERSARIO

Á conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares, que se celebra ao 24 de outubro, unimos a do quincuaxésimo aniversario de Mafalda, esa inesquecible nena arxentina que nos regalou o inefable Quino para deleite de varias xeracións. A pesar do paso dos anos, as súas reflexións seguen tendo vixencia.

Un novo curso

Benvidas e benvidos a un novo curso. Xa estamos de novo en marcha cunha chea de actividades para todas e todos vós.

En primeiro lugar, retomamos a marcha do noso club de lectura. O Faladoiro este ano deberá diversificarse, dada a gran aceptación que ten entre o alumnado de 1º de ESO. Aquí vos deixamos a convocatoria, á que calquera pode unirse no mesmo momento en que o desexe.

Tamén está en marcha a sección para adultos do club. Esta retomará a súa actividade o mércores 29 de outubro. Reunirémonos ás 17.30 na biblioteca para saudarnos e elixir o libro  para este primeiro tramo do curso 14-15.

Convocatoria do Faladoiro club de lecturabiblio

O alumnado que colaborou coa Biblioteca tamén ten premio

Este mércores pola tarde, as alumnas e alumnos que se encargaron das Bibliotecas de Aula, así coma os que máis participaron nas actividades da Biblioteca desnvolvidad durante o curso tiveron un agasallo especial. Unha excursión a Vigo para disfrutar da película X-Men, días do fururo pasado, recén estreada en cines. Está baseada nos famosos cómics da Marvel. Como vedes, colaborar e frecuentar a Biblioteca do noso centro tamén ten premio.

Navegación de artigos