bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

DÚAS LETRAS, de Fina Casalderrei

Dúas letras from evarela on Vimeo.

16 reflexións sobre “DÚAS LETRAS, de Fina Casalderrei

  1. Aurea é unha muller viuvaque vive soa porque seu único fillo emigrou cara Arxentina en busca de oportunidades, pero o ser emigrante non consigue volver tan rápido. Aurea esta moi preocupada porque non ten novas del. Decide enviarlle unha carta, pero a contestación de Miguel, o seu fillo, faise de rogar.Cando recibe a carta, as novas non son moi boas, a muller de Miguel pasou a tuberculose e todavia segue empeñado co precio do billete con don Raul.

  2. Ola! A min a curtametraxe gustoume, aínda que é unha historia moi triste.
    Áurea é unha muller (ou mellor dito) unha nai, que espera a chegada dunha carta do seu fillo. Día tras día Áurea espera a que o carteiro lle traia a carta.
    O seu fillo non pode regresar de Arxentina porque ten unha débeda con Don Raúl.
    A min a escena que máis me impactou foi a historia do burro, porque a ninguén nos gusta que lle peguen a un animal.
    un bico!!

  3. Encantoume o vídeo.
    A muller pareceume moi cariñosa e familiar, aínda que con algo de caracter.
    Vese a quilómetrosa que quere moitísimo ó seu fillo e que bótao moito de menos. Sempre ahí agardando por el ou por algunha noticia súa…
    O certo, é que a situación recórdame ó mito de Penélope que pasou a vida tecendo mentres agardaba por Ulises.

    É increíble a dor que poden chegar a pasar os familiares dos emigrantes, sempre agardando.
    Impactoume especialmente a historia do burro e quedoume grabada a escena na que se escoita a suposta voz do fillo coma se estivera el mesmo lendo a carta.

  4. Aldara Santomé o dixo:

    Pareceume unha curtometraxe moi interesante.
    A protagonista é unha muller moi forte psicolóxicamente xa que despois de tanto tempo segue esperando unha carta do seu fillo, que tivo que marchar para a Arxentina.
    Dende o meu punto de vista trátase moi ben o tema da emigración, reflíctese perfectamente a soidade dos que esperan polos emigrantes.

  5. Paréceme unha curtrametraxe interesante, principalmente polo tema tratado, a señora despois de tantos anos sofre esperando a pesar de que o fillo, que está na Arxentina, non contacta moito con ela. Tamén é interesante como tratan o tema da emigración, a dor que sofren as persoas ao separarse. Impactoume moito a historia do burro e que tivesen que vivir do contrabando. Era moi duro. Paréceme unha curtrametraxe moi boa e con algúns momentos divertidos á parte dos tristes que son os que predominan.

  6. A muller pareceume unha persoa con bo corazón que quere moitísimo ao seu fillo. A temática é moi triste, xa que ela espera ter noticias, noticias que non dan chegado, a pesar de que lle escribe con frecuencia ao fillo, e, por fin, obtén resposta. Unha escena que me gustou moito foi aquela na que a muller se inventa unha carta do fillo e lla le a veciña, aínda sen saber ler.

  7. Pareceume una curtametraxe interesante. A protagonista é unha muller moi persistente, pois a pesar do tempo, segue esperando a carta do seu único fillo, que emigrou á Arxentina.
    A curtametraxe trata sobre a soidade e a tristeza que senten as familias das persoas que amigran.
    A escena que máis me gustou foi aquela en que a protagonista se encontra cunha veciña a que lle le a carta que lle escribiu seu fillo. O curioso é que ela non sabe ler, pois comprobamos que a carta esta o revés.

  8. A curtametraxe “Duas Letras” trata sobre Aurea, unha vella pacente, viúva e alegre que espera que o seu fillo que está en Arxentina escriballe porque ela está moi preocupada, ela espera a carta do seu fillo todolos días, ata que chega. Esta curtametraxe e moi emotiva e esperanzada.

  9. Foi unha curtametraxe bastante boa, ainda que teña alguns fallos das actrices está ben traballada e é realmente chegas a creerte a historia pola forma en que foi realizado o guión . A curtametraxe non deixa de contar moitas das situacións que pasaban moitas familias anteriormente pola marcha dun fillo ou dun home, e penso que está ben que llo enseñen a nosa xeración

  10. A actitude da muller é de admirar xa que segue querendo ó fillo aínda que non estea preto dela. Ela recorda o fillo cada día que pasa e espera. A súa situación recorda ó mito de Penélope. As persoas que teñen fillos no extranxeiro teñen unha dor moi grande no seu interior.

  11. Ola!
    Gustoume moito a cuertametraxe, a pesar de que foi para min moi triste e tráxica. Áurea pareceume unha señora simpática e con carácter; de feito, o único que me fixo rir foi a maneira de comportarse coa súa amiga (ou veciña), cando falaba con ela, porque recordábame a miña avoa.

    Un saúdo! 🙂

  12. javi fernandez o dixo:

    O video en xeral non me gustou porque me aburría moito, pero a moita xente seguro que lle gusta porque lle vai máis estos temas , eu diríalle a moita xente que o mirase , realmente pode ser algo intereante para algúns porque tamén se mira a situación que habia antes e de como é agora , a emigración, o analfabetismo, ect…

  13. A muller pareceume persistente e con carácter, a relación co fillo pareceume un pouco triste porque non ten noticias del, pero ao final chégalle unha carta.
    A escena que máis me gustou foi a do burro, pareceume unha cousa cruel, pero tiña que facelo para que o burro escapase.
    En xeral, a historia pareceume intrigante, aínda que nalgunhas partes pareceume un pouco aburrida.

  14. Gustoume a historia en si por como reflexa a vida que habia en Galicia nos anos cincuenta. O que mais me impactou foi a historia do burro pola súa dureza e por como tiñan q vivir do contrabando.

  15. Raquel Villa o dixo:

    Aurea é unha muller que vive soa esperandi noticias do seu fillo que marchou a Arxentina. Aurea sentase tódolos días na porta da súa casa para esperar o carteiro para ver se lle traen unha carta do seu fillo e iso recordame o mito de Pénelope e Ulises.
    Aurea está moi triste por non saber nada do seu fillo pero aínda que esté moi lonxe o segue querendo.
    Cando lle chega a carta do seu fillo ten que esperar a que lla lean porque non sabe leer.
    O que máis me chamou a atención foi cando a muller conta que o seu marido vistese de garda e pégalle o burro para que cando vexa un garda escape co contrabando.

  16. Pareceume un pouco triste a historia, porque Aurea é unha persoa que vive soa e coa falta do seu fillo. Na curtametraxe reflexa a tristeza da anciá e os malos tempos que se estan pasando ( a xente emigra a outros paises en busca de traballos etc).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: