bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Febreiro 8, 2022”

Seguimos lendo no Faladoiro Maior…

Despois da última reunión para comentar o libro “Hamnet”, do que fomos quen de extraer múltiples lecturas e puntos de vista, enriquecendo cada unha das experiencias persoais na vida de Stratford, xa estamos na seguinte aventura…

Non deixamos as Illas Británicas, e agora, nos “Bicos feridos“,navegamos nun Londres moderno da man dunha galega entusiasta que elixe este cachiño do mundo para buscar o futuro, fuxindo dun pasado e presente non moi prometedor da nosa terra. A autora, Anna R. Figueiredo, que ademais é compañeira de fatigas no Carrasco, ensinando números e vida, agasállanos cunha historia cautivadora e intensa que non nos vai deixar indiferentes en ningún aspecto dos que colorea cunha linguaxe fresca, determinada e loitadora, coma ela mesma. Contamos, ademais (e isto é segredo, non llo digades a ninguén) co seu compromiso de acompañarnos na vindeira quedada das participantes do Faladoiro a finais do mes de marzo, así que… que mellor motivo para continuar procurando mundos insólitos nas letras? Agardámosvos!!

Navegación de artigos