bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

O Faladoiro Maior

Xa está en marcha o Club de lectura dos adultos do Carrasco. Na primeira reunión demos conta das nosas experiencias lectoras arredor do libro “Vivir na fin do mundo”, de Christina Lilliestierna. A través das vivencias desta autora no seu descubrimento da Galicia máis cercana a nós na metade do século XX, debuxamos unha reflexión colectiva sobre realidades que nos levan ós recordos da infancia, co que iso significa…

E agora, para a segunda lectura, imos viaxar ás Illas Británicas, e facer un regreso ós tempos de Shakespeare para descubrir o que a autora Maggie O’Farrell nos transmite no sentir por unha gran perda na vida da protagonista desta historia. Volveremos reunirnos no mes de xaneiro para seguir gozando da posta en común do que esta novela nos transmitirá a cada un de nós.

Feliz lectura!

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: