Suxestión de lectura
UN HIJO, de Alejandro Palomas. La Galera Editorial.
Deixámosvos aquí unha excelente idea para pasar un par de tardes.
Un rapaz introvertido, apaixonado pola lectura, cunha gran imaxinación… e cunha única amiga.
Un pai en crise, unha nai ausente, unha profesora preocupada e unha psicóloga que intenta encaixar as pezas do crebacabezas.
Unha novela que nos fai sentir, que nos estremece coa súa mestura de tristeza, alegría, tenrura, medo…
GOZADE DELA!