bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

O FALADOIRO MAIOR

Como cada outono, no tempo no que as follas das árbores buscan vida propia lonxe das varas que lle deron sustento, as follas dos libros chaman por nós para convidarnos a unha aventura ou desventura literaria que poñer en común. Chegan as tertulias, os diferentes prismas de interpretación da vida, as escoitas daqueles e aquelas que ante os mesmos feitos senten diferente, e fannos partícipes desas outras cores que as letras debuxan en cada frase.

Queremos convidar aos pais e nais, ao profesorado, ao resto da comunidade educativa a achegarse de cando en vez ao recuncho da nosa biblioteca reservado para os maiores, e, dende a visión dos grandes, debullar a riqueza vital que nos agasallan os libros.

Comezamos cunha obra de Pierre Lamaitre, Tres días e unha vida, que compartiremos o vindeiro mércores  4 de decembro, ás cinco e media da tarde.

Queredes vir? Temos sitio para vós!!

Resultado de imagen de tres días e unha vida

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: