bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Febreiro 24, 2014”

Librería Abrente 2.0

A Librería Abrente de Bueu (Avd. Montero Ríos, 167) está tamén presente en internet, cunha tenda online onde se pode accder a un amplo catálogo de libros en galego, algúns deles difíciles de atopar. Trátase dunha libería especializada en temas da Cultura Mariñeira e que leva funcionando dende 1979. Está moi presente tamén nas redes sociais, en Facebook e Twitter. É unha boa iniciativa para difundir as nosas letras e a nosa cultura na Rede.

Image

http://libreriaabrente.es/es/

https://www.facebook.com/LIBRERIAABRENTE

https://twitter.com/LibreriaAbrente

Feliz Día de Rosalía

Tal día coma hoxe, fai 177 anos, nacía Rosalía de Castro, por iso hoxe celebramos o Día de Rosalía. No noso centro, o EDLG está a repartir imperdibles de rosas de papel, feitos coa técnica do origami, e un poema de Rosalía.

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virme a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás…
Ferbe o pote… mais, meu caldo,
soíña te hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas
sinto negras soidás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai…
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar,
anduriña, voa, voa,
ven e dime en onde está.

Imagen

 

Navegación de artigos