bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Febreiro 21, 2014”

Booktrailer de Dragal

Seguro que todas e todos sabedes o que é un trailer, non sí? O que de seguro non sabiades é que tamén hai trailers de libros, é dicir, videos que informan sobre un libro e animan á súa lectura.

Aquí vos deixo o book trailer de Dragal I, A herdanza do Dragón, primeiro título da triloxía Dragal. Fai 3 anos , no club de lectura, limos este libro, e mesmo tivemos a sorte de contar coa súa autora, Elena Gallego Abad, que visitou a nosa biblioteca para comentar connosco o libro e falarnos do seu proceso de elaboración. O book trailer foi realizado por Miguel Abad.

Advertisements

Navegación de artigos