bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Febreiro 5, 2014”

NOVAS DE POESÍA. 17 POETAS

 

Imagen

 A Fundación Uxío Novoneyra acaba de editar unha antoloxía da poesía galega máis recente, preparad pola poeta Ana Gorría. Entre as dezasete voces que nos amosa están as de Lucía Novas, Baldo Ramos, Xiana Arias, Branca Novoneyra, Dores Tembrás ou Xavier Lamas, representadas por cinco poemas dos que se nos ofrece tamén a versión en castelán.

Con esta obra tan prometedora vai continuar a súa andaina o Faladoiro Maior, que se reunirá para comentala o día 12 de marzo. 

Quedades invitadas/os a participar.

AMAR E OUTROS VERBOS

                                             “O amor florece desde dentro,

Imagen

 en primeira persoa,

     e medra coma un irmanciño novo, 

que gabea polos rostros

e polas mans da xente”

Así comeza o primeiro poema de Amar e outros verbos, da escritora Ana María Fernández, que temos previsto ler neste segundo trimestre. 

É a primeira vez que neste club de lectura nos mergullamos na poesía e ten ademais o aliciente de que iremos compartir a experiencia co club de lectura do IES de Rodeira a finais deste mes. Se alguén máis quere unirse, aínda está a tempo. 

Xa vos contaremos como vai indo a experiencia.

Imagen

Os membros do club, aproveitando as vacacións de Nadal, lemos a primeira das Crónicas de Landereina, Bágoa deLúa, de Sabela González, á que algúns tiveron ocasión de coñecer no Culturgal.

Aínda que as opinións sobre a obra foron bastante diversas, a conclusións xeral é que se trata dunha historia fantástica que responde ó esquema clásico, fácil e amena.

Está a piques de saír a segunda destas crónicas. Xa veremos que pasa con Berenguela, Güenaela, Cátaba, Bunm… Veremos tamén se o reino de Landereina caerá nas mans equivocadas

Invitámosvos a que nos deixedes as vosas opinións.

Navegación de artigos