bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Xaneiro 17, 2014”

O edificio Yacoubian

Para retomar a andaina lectora no novo ano, decidimos cambiar de aires e marchamos cara ó mundo islámico da man do escritor exipcio Alaa Al Aswany. A obra que eliximos, O edificio Yacoubian (Editorial Rinoceronte, 2013) é a primeira novela traducida do árabe ó galego.

Nela imos atopar unha ampla mostra da sociedade exipcia.

Reunirémonos para falar dela e de moito máis o día 29 de xaneiro, coma sempre, na biblioteca do centro.

Advertisements

Navegación de artigos