bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Momo no cine

O martes 26 teremos reunión do club de lectura de alumnas e alumnos para comentar o libro que eleximos, Momo, de Michael Ende.

A historia dos homes grises foi levada ao cine en dúas ocasións. A máis recente é unha película de animación italiana Momo, unha aventura a contrarreloxio (2001), dirixida por Enzo D´Aló. Este é o seu trailer e tamén podedes atopala completa en youtube.

A outra adaptación máis antiga, está rodada en Alemaña, país natal de Michael Ende, con actores de carne e óso e é máis fiel ao orixinal. Momo presentouse en 1986, aproveitando o gran éxito que tivera a adaptación da outra gran obra de Ende, A historia interminable.

Podedes comparalas entre sí e tamén coa nosa novela. Vémonos o martes.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Momo no cine

  1. Marta Camaño o dixo:

    Momo é unha nena que vive nun anfiteatro en ruínas. Non se di como se chama a cidade onde vive. Ela ten un don: Sabe ESCOITAR moi ben. Ten moitos amigos, que lle levan comida; pero tamén ten inimigos: Os homes grises. Estes son seres que levan un puro e unha carteira grises. Tamén eles son grises. O que estes seres pretenden é roubarlle tempo aos humanos. Momo, xunto á tartaruga Casiopea e o Maestro Hora, intentará facelos desaparecer nunha misión moi difícil e perigosa, pero… Conseguiranno?

    Comentario:

    A min Momo encantoume. Paréceme un libro ben bonito e ademais é faciliño de ler. Está cheo de maxia. Dende logo, recoméndoo para todas as idades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: