Nace un novo xornal dixital en galego
É unha boa noticia que, despois do peche das últimas cabeceiras informativas escritas, apareza un novo medio, aínda que sexa dixital, en galego. Damos a benvida a Dioivo, un novo medio de comunicación que promete xornalismo para o país da chuva, para contar e contrariar. Dende o primeiro número amosan moito sentido do humor, anunciando á terceira páxina o peche da súa edición escrita, Agardamos que as súas pingas mollen de retranca o noso país, que ben o necesita.