COMPARTINDO A LECTURA DE PERSÉPOLE
Mañá, luns 16 de xaneiro, teremos a xuntanza de O Faladoiro Maior. A ver que vos pareceu a novela gráfica de Marjiane Satrapi.
Para ir abrindo boca, déixovos o comentario dunha lectora que mañá non poderá acudir á cita (por suposto, debido a unha boa causa):
“Xa rematei Persépole e que saibades que me encantou; en concreto gustoume moito a maneira de expresar sensacións e experiencias persoais marcados pola idade da prota en cada momento -ata chegar á madurez do final do libro- e sobre todo a forza expresiva do debuxo -pese a ser en branco e negro, salvo na portada-que me recorda moitísimo a un pintor clave do expresionismo de comenzos do século XX como é Kirchner; aí van dúas imaxes da súa obra para que comparedes coa de Satrapi e a ver se coincidides comigo”.
Rocío Alonso
Ernst Ludwig Kirchner foi un pintor alemán, un dos máximos expoñentes doexpresionismo e principal impulsor do grupo alemán Die Brücke (‘A ponte’).
En obras como Autorretrato con modelo (1907, Hamburgo), as súas liñas marcadas e as súas cores desentoadas crean un sentido de emoción violenta. O seu interese pola arte primitiva viuse reflectida tanta na súa obra como nos mobles e murais que fabricou para o estudio que compartía con Heckel nunha antiga carnicería do barrio obreiro.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ernst_Ludwig_Kirchner
Ernst Ludwig Kirchner: “El harén” (1906). Valuz.
A alteración das formas das figuras, o recurso a cores intensas, nos que o negro ocupa un destacado papel e, sempre, a idea de que a pintura ha de servir para dar unha vía de expresión á emocións, sobre todo ás máis desgarrradoras, forman parte do estilo expresionista.
http://aprendersociales.blogspot.com/2007/05/la-pintura-expresionista.html