bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Xaneiro 15, 2012”

AS UVAS DA IRA, de John Ford

Só un mestre do cine como John Ford puido traernos o gran relato sobre a “Gran Depresión”. En torno ao libro de John Steinbeck, que relata o camiño do Tom Joad(Henry Fonda) e a súa familia ao longo de todo o país, fuxindo da pobreza, buscando a terra prometida, California. Grazas a esta viaxe,  irán descubrindo, ao longo do camiño, a realidade da depresión.

http://www.youtube.com/watch?v=_M8PoZiOdp8

FANTASMAS DE LUZ, de Agustín Fernández Paz

Unha proposta para ler é esta última novela de Agustín Fernández Paz, do cal vos deixamos un vídeo, onde dá argumentos suficientes para achegarnos á súa lectura.

COMPARTINDO A LECTURA DE PERSÉPOLE

Mañá, luns 16 de xaneiro, teremos a xuntanza de O Faladoiro Maior. A ver que vos pareceu a novela gráfica de Marjiane Satrapi.

Para ir abrindo boca, déixovos o comentario dunha lectora que mañá non poderá acudir á cita (por suposto, debido a unha boa causa):

“Xa rematei Persépole e que saibades que me encantou; en concreto gustoume moito a maneira de expresar sensacións e experiencias persoais marcados pola idade da prota en cada momento -ata chegar á madurez do final do libro- e sobre todo a forza expresiva do debuxo -pese a ser en branco e negro, salvo na portada-que me recorda moitísimo a un pintor clave do expresionismo de comenzos do século XX como é Kirchner; aí van dúas imaxes da súa obra para que comparedes coa de Satrapi e a ver se coincidides comigo”.

Rocío Alonso

                                                   

Ernst Ludwig Kirchner foi un pintor alemán, un dos máximos expoñentes doexpresionismo e principal impulsor do grupo alemán Die Brücke (‘A ponte’).

En obras como Autorretrato con modelo (1907Hamburgo), as súas liñas marcadas e as súas cores desentoadas crean un sentido de emoción violenta. O seu interese pola arte primitiva viuse reflectida tanta na súa obra como nos mobles e murais que fabricou para o estudio que compartía con Heckel nunha antiga carnicería do barrio obreiro.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ernst_Ludwig_Kirchner

Ernst Ludwig Kirchner: “El harén” (1906). Valuz. 

A alteración das formas das figuras, o recurso a cores intensas, nos que o negro ocupa un destacado papel e, sempre, a idea de que a pintura ha de servir para dar unha vía de expresión á emocións, sobre todo ás máis desgarrradoras, forman parte do estilo expresionista.

http://aprendersociales.blogspot.com/2007/05/la-pintura-expresionista.html


Navegación de artigos