bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

CANDO RAPAZAS E RAPACES DESCUBRAN A BIBLIOTECA…

Comezamos un novo curso académico e gustaríanos invitarvos a coñecer mellor a biblioteca do centro. Seguro que xa sabedes onde está, mais cantas veces tentastes descubrir os seus segredos?

Se cadra, ao entrar nela, vos sucede o mesmo ca a Hadrián, o protagonista de Dragal. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad

“Cun comechón no estómago, sentindo o sabor do prohibido, Hadrián coárase varias veces naquela biblioteca. (…) 

Cando o rapaz descubriu a biblioteca do capitán, porque o bisavó fora capitán da mercante en tempos en que a navegación só era posible a vela ou nun barco de vapor, namorouse deseguida dos seus tesouros, dignos do mellor museo naval.

Nos andeis había raros exemplares de náutica, cartografía, incunables e documentación manuscrita cuxo valor descoñecía Hadrián. Coa axuda dunha lanterna e moito coidado, para non deixar pegadas que delatasen a súa presenza naquel lugar prohibido, o mozo dedicou un tempo a visitar aqueloutros mundos. Porque naqueles mapas, trazados polos vellos navegantes, atopou estrañas terras entre mares poboados de monstros mariños, baleas xigantes e sereas” (páx. 50)

 Dragal. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad

Foto atopada no blog http://arquitecturayurbanismo.blogspot.com/2008/09/librera-lello-oporto.html

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: